_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Revisan as palmeiras de Ravella para avaliar o resultado dos tratamentos contra o escavarallo picudo

As accións iniciadas hai meses polo Concello de Vilagarcía para tratar de previr e, en casos, atallar, a vaga do escaravello picudo que afecta ás palmeiras ten mañá un novo episodio. Técnicos da empresa Arbogal revisarán ás árbores de maior altura para comprobar o resultado dos tratamentos que se estiveron aplicando dende o pasado inverno para determinar as actuacións a levar a cabo a continuación. Os traballos comezarán polas palmeiras do Concello, dous dos exemplares máis altos do municipio.
18.09.2017.- Debido á envergadura das árbores, os técnicos terán que utilizar un camión con brazo para poder chegar ás copas das palmeiras onde hai meses se aplicou un produto granulado que contiña un fungo natural autorizado na agricultura ecolóxica cuxo efecto é que contribúe a reforzar as defensas naturais das palmeiras para que, no caso de ser atacadas polo picudo, poidan resistilo sen chegar a morrer.

Este tratamento usouse só nas palmeiras máis altas dos espazos públicos municipais, como as de Rodrigo de Mendoza, dos xardíns do Doutor Fleming e do grupo San Roque. Todas elas serán obxecto da revisión prevista para hoxe. Posteriormente inspeccionaranse outras árbores como as do Parque da Compostela, o Miguel hernández ou Carril.

Nos exemplares de menor tamaño dispersos polos parques e xardíns públicos utilizouse un tratamento diferente, por endoterapia, que se encargou de aplicar o persoal do servizo municipal de Xardíns, como por exemplo no parque do Cavadelo ou na illa da confluenza entre a Rodrigo de Mendoza e Doutor Tourón.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -