_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O plan de mellora da accesibilidade urbana continuará polas travesías de Alejandro Cerecedo

O plan de mellora da accesibilidade urbana que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía continuará en 2018 polas dúas travesías da Rúa Alejandro Cerecedo. A actuación proxectada ten como obxectivo principal resolver cos problemas que para a mobilidade dos peóns presentan actualmente estas dúas vías, con beirarrúas moi estreitas e desniveladas, con bordillos moi elevados e con continuos saltos que obrigan a baixar á calzada. Non obstante, a obra aproveitarase para mellorar a funcionalidade e estética completa das dúas travesías e para renovar as redes de saneamento. A actuación ten un custe de 99.999 euros e un prazo de execución de tres meses.
09.09.2017.- Ademais da precaria situación que presentan estas dúas travesías, e que fan necesaria actuación, a razón pola que se continúa por elas o plan de accesibilidade é o seu estratéxico emprazamento entre o parque da Xunqueira e zona monumental de Vista Alegre, coas rúas peonalizadas do centro urbano: Arcebispo Andrade e Praza de España. Trátase pois dunha zona de tránsito que, unha vez realizadas as obras, integrarase á perfección entre ambas zonas dando continuidade a un entorno de predominio peonil e completamente accesíbel.

O proxecto consiste na substitución completa dos pavimentos actuais de beirarrúas e rúa, optando por amplas zonas continuadas nas que se eliminan os cambios bruscos de rasante existentes na actualidade para garantir a completa accesibilidade dos peóns. O material que se propón é o formigón ao que se lle aplicarán recursos estéticos como a disposición de cortes ou xuntas de dilatación ou a combinación de diferentes texturas e tinguidos
O levantamento do firme actual aproveitarase para revisar e renovar as redes de saneamento (augas residuais e recollida de pluviais), un aspecto ao que o goberno local presta especial atención en todas a sobras que está a levar a cabo. Tamén se prevén canalizacións soterradas dos servizos de electricidade e telecomunicacións.

A actuación completarase coa instalación de mobiliario urbano: bancos , iluminación led e a plantación de árbores e plantas ornamentais coa finalidade de aliviar o espazo construído e mellorar a relación coas zonas do contorno (parque Xunqueira e Praza de España).

O proxecto, redactado polo Arquitecto da Oficina Municipal de Rehabilitación, xa foi aprobado pola Xunta de Goberno Local que acordou solicitar a inclusión do mesmo na liña de axudas que convoca a Xunta de Galicia para desenvolver actuacións de mellora de accesibilidade. Mailo isto, o goberno local pretende que a obra se execute sen demora, polo que no cambio de finalidade de crédito aprobado pola Corporación no Pleno de agosto, xa se incluía unha partida de fondos propios para ir financiando a actuación mentres non se resolven as subvencións autonómicas. De feito, nos próximos días comezarán a redactarse os pregos de licitación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -