_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Comezan as obras de substitución da cuberta da escola infantil municipal da Lomba

O Concello de Vilagarcía acomete este ano importantes melloras na Escola Infantil Municipal da Lomba. Aproveitando o período habitual de peche do centro a principios de setembro, comezan xa os traballos de substitución da cuberta adxudicados á Construcciones Piñyfer e que financia o Concello cun orzamento de 52.385 euros. A esta importante e necesaria actuación súmase o pintado interior e exterior do edificio, xa iniciado hai semanas, e no que a administración local inviste outros 20.570 euros.
07.09.2017.- A substitución da cuberta da escola infantil municipal da Lomba é unha actuación necesaria dadas as deficiencias que se viñan detectando na actual e que estaban a rexistrar danos no interior do edificio debido, principalmente, á filtración de humidades. Previamente á redacción do proxecto fíxose un estudio para determinar o estado da cubrición.

A actuación en execución resolverá estas deficiencias, aportando maior seguridade e garantindo a axeitada conservación do edificio, e tamén mellorará as condicións de eficiencia enerxética e, como consecuencia, incidirá positivamente no confort dos nenos e nenas da gardería e tamén dos docentes.

As obras consisten na desmontaxe do material de cobertura existente, das canaletas e de todos os remates. Entre os rastreles que se manteñen instaranse outros intermedios de aceiro galvanizado e retiraranse as correas existentes no porche para substituílas por outras novas deste mesmo material. Posteriormente, instalarase o revestimento novo da cobertura, a base de paneis sándwich cos correspondentes remates de cumios, bordes, aleiros e encontros realizados en chapa metálica do mesmo color vermello tella dos paneis. As canaletas serán de chapa metálica e instalaranse rebosadeiros nos extremos libres das canaletas interiores. As baixantes existentes manteranse e se eliminarán os restos de fábrica de ladrillo onde sexa necesario.

O inicio destes traballos coincidirán co remate dos de pintado exterior do centro (o interior estará completado para o inicio do curso), de xeito que as obras non estraguen o novo pintado.s dúas empresas xa se coordinaron para realizar os traballos. O prazo de execución da substitución da cuberta é de 2 meses, aínda que se axilizará para rematar antes. En calquera caso xa están dadas as instrucións para que as obras a desenvolver durante o paro da gardería se centren nas das aulas, para poder rematar os traballos máis miúdos, xa iniciada a temporada escolar, por aquelas zonas nas que os traballos non interfiren coa actividade docente nin xeren ningún risco.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -