EMPREGO
O Concello informa sobre os requisitos para participar na selección dos obradoiros de Emprego FORME e Labor@Xove17 Ante o inminente inicio por parte do Servizo Público de Emprego (antigo INEM) da realización das sondaxes para a selección de aspirantes a participar nos dous obradoiros de emprego que porá en marcha o Concello de Vilagarcía a partir de outono, a Concellería de Formación e Emprego do Concello de Vilagarcía informa á poboación desempregada dos requisitos que se deben cumprir para participar nestas iniciativas de formación e inserción laboral.
21.08.2017.- Trátase do obradoiro FORME 17 para desempregados maiores de 18 anos e que contará cun módulo de Traballos de carpintería e moble e outro de Operacións de fontanería e calefacción e/ou climatización doméstica. Formará a 20 alumnos durante nove meses, nos que alternarán aprendizaxe teórica co traballo ou a práctica profesional remunerada.
POla súa banda, o Labor@Xove contará coas especialidades de Operacións auxiliares na organización de actividades e funcionamento de instalacións deportivas e de Socorrismo en espazos acuáticos. Este obradoiro está especificamente orientado a mozos e mozas e conta con financiamento do Fondo Social Europeo.
Os requisitos compeltos de ámbolos dous obradoiros de emprego pódense consultar completos no taboleiro de anuncios desta web.