_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Concello e concesionaria destinan 79 persoas ás labores de limpeza tras a Festa da Auga

A concellería de Obras e Servizos que dirixe Lino Mouriño, xunto con Cespa, a empresa concesionaria do servizo de limpeza, poñen en marcha esta fin de semana o operativo especial de limpeza con motivo da madrugada e da Festa da Auga, o 16 de agosto, para devolver a cidade ao seu estado óptimo tras a multitudinaria celebración. Dende o Concello prégase a máxima colaboración de hostaleiros, ambulantes e cidadáns en xeral para facilitar as labores de limpeza.
14.08.2017.- A xornada do 16 de agosto é un dos días máis complicados no que á labores de limpeza se refire debido á cantidade de lixo e de sucidade que se xera polos milleiros de persoas que acoden á cidade e que participan nas numerosos celebracións que se desenvolven dende a noite anterior e durante toda a madrugada ata entrada a tarde da festividade de San Roque. Ante esta circunstancia, o operativo especial para ese día mobilizará a un total de 79 efectivos entre persoal do Concello e de Cespa. A Concellería de Obras e Servizos dispón para esa xornada de 47 operarios dos servizos de Xardíns, Medio Ambiente, Obras e Alumeado como reforzo ás tarefas de limpeza que desenvolverán os 32 operarios de Cespa. A concesionaria desprazará tamén maquinaria a maiores para acelerar as labores de posta a punto dos espazos públicos.

Os traballos comezarán ás 7 dea mañá na zona das praias para ir retirando o lixo que se soe acumular nesta zona tras as celebracións nocturnas. O turno de mañá dos operarios municipais traballará a pé para ir recollendo e acumulando os desperdicios xerados que os traballadores de Cespa se encargarán de retirar co camión de recollida. Posteriormente pasará o camión cisterna para baldear e refrescar os espazos recollidos. O operativo irase desprazando posteriormente cara o Parque Miguel Hernández, a explanada TIR, O Cavadelo e O Centenario. Ademais, un operario de Cespa encargarase da limpeza dos aseos das praias.

A segunda parte do operativo comezará a partir das 15 horas. De ser necesario, un segundo turno de operarios municipais encargarase de realizar unha segunda de batida á zona TIR, Miguel Hernández e Centenario en apoio aos medios de Cespa, mentres a concesionaria afanarase no acondicionamento das rúas do centro da vila, especialmente as denominadas da Zona Húmida pola que durante toda a mañá discorrerá a Festa da Auga.

Para esta labores disporase de máquinas varredoras, cisternas de baldeo e camións de recollida que comezarán a limpar as rúas comezando pola zona de San Roque para ir aproximándose ao centro da cidade. Utilizarase un produto desodorizante mesturado co auga do baldeo para evitar malos cheiros.

O Concello lembra que os hostaleiros teñen a obriga de recoller as barras exteriores ás 15:30 horas para que os equipos de limpeza poidan realizar o seu traballo. O goberno local prega a maior colaboración do sector para non dificultar nin atrasar a limpeza das rúas que deben estar en perfectas condicións para continuar coas celebracións da tarde noite.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -