_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
San Roquiño o Pequeño e Rosendo, protagonistas indiscutibles da axenda festiva do 14 de agosto

O programa das festas patronais de Vilagarcía chega ao seu epicentro. No barrio de san Roque empezan a templar gaitas para a gran xornada de mañá e o Festiclown reserva grandes espectáculos para a de hoxe coa intervención de Pallasos en Rebeldía, o catalán Ricky e o seu “Profesor de tenis” e o espectáculo “Txatarra” dos vascos Malas Compañías. Tamén haberá bailes de salón e o gran concerto das festas: Rosendo, acompañado polo grupo local TNT Band, a partir das 22:00 horas na Xunqueira.
AXENDA PARA O LUNS 15 DE AGOSTO
10:00 – Barrio de San Roque- Pasacalle
GRUPO DE GAITAS OS TERRIBLES DE AROUSA

A partir das 10:00 Barrio de San Roque- Celebración de San Roquiño o Pequeno

10:00 – 14:00 e 16:00 – 18:00 Auditorio Municipal- Formaclown
CURSO: MAXIA CÓMICA
Docente: Mago Teto (Prezo: 100€, 12h repartidas entre o 14 e 15 de agosto)

11:00 – Salón García- Festiclown – Social
COMPAÑÍA: PALLASOS EN REBELDÍA
ESPECTÁCULO: O VALO

12:30 - Pasacalle
GRUPO DE GAITAS GARANDOIRO

13:00 – Parque Ravella- Festiclown – Superroquiños
COMPAÑÍA: RICKY
ESPECTÁCULO “EL PROFESOR DE TENIS”

20:00 – Rúa Rey Daviña, esquina Valentín Viqueira- Festiclown – Certame Intergaláctico
COMPAÑÍA: RICKY
ESPECTÁCULO “EL PROFESOR DE TENIS”

20:30 - Pasacalle
GRUPO DE GAITAS OS TRASNOS DE GUILLÁN

21:30 – Praza de Galicia- Festiclown – Mostra Internacional
COMPAÑÍA: MALAS COMPAÑÍAS (Euskadi)
ESPECTÁCULO: TXATARRA
TXATARRA é un espectáculo de circo e teatro de rúa para todos os públicos que utiliza o humor, o teatro, a manipulación de obxectos e a acrobacia para mergullar a o/a espectador/a en un traballo espectacular, divertido e tenro.

21:00 – Praza da II República- Exhibición Bailes de Salón
Club de Baile Deportivo “Al Compás”

22:00 – Parque da Xunqueira- Concerto TNT Band
Iñaki Fernández (Guitarra e voz), Carlos Galbán (Guitarra e Coros), Manuel Esperón (Baixo) e Luis Jiménez (Batería) forman esta banda de mozos roqueiros de Vilagarcía que este ano participaron no concurso nacional Music Aula School en Madrid e quedaron a un paso de chegar a final. A ritmo de Rock and Roll estes catro mozos farán cantar ao público presente.

23:00 – Parque da Xunqueira- Concerto ROSENDO
Este referente do rock español, líder de bandas míticas como Leno e Ñu subirá ao escenario do parque da Xunqueira para demostrar que está en plena forma.
Rosendo Mercado presenta “De Escalde y Trinchera” dez novos temas onde combina frases dixeribles, de gato da rúa e barrio baixo, con dardos de alcurnia que repasan de unha maneira intelixente o estado anímico que pasa a sociedade actual pero sen esquecer o seu vello repertorio onde soarán os grandes clásicos da súa traxectoria como “Agradecido” e “Maneras de vivir”.

Despois de demostrarnos co seu anterior disco “Vergüenza Torera” que aínda se pode vender discos facendo Rock e rebentar a Praza das ventas de Madrid, ninguén pon en dúbida que Rosendo encóntrase no seu mellor momento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -