_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Costas autoriza á verbena da Ameixa cos condicionantes sinalados polos técnicos municipais

En resposta ao escrito e informes remitidos no día de onte polo Concello, a Dirección Xeral de Costas vén de comunicar que autoriza a celebración da verbena da Festa da Ameixa na Praia, supeditando o devandito permiso ao cumprimento por parte da organización das medidas sinaladas nos informes municipais. Tal como se comprometerá, o Concello xestionou coa maior axilidade o asunto relacionado coa verbena da Ameixa, xa que ao día seguinte de recibir a información requirida á organización, realizouse o preceptivo informe e remitiuse toda a documentación á Costas urxindo unha pronta resolución.
11.08.2017.- Tal como a Confraría de Pescadores e a Agrupación de Parquistas querían, a verbena poderá celebrarse na Praia Compostela, xa que así o autorizou Costas. Non obstante, o mesmo departamento estatal indica na mesma resolución que o evento debe levarse a cabo nas seguintes condicións:

A actuación debe axustarse á descrita na documentación presentada pola Cobraría e a Asociación de Parquistas.- Calquera alteración grave ocasionada ao dominio público marítimo terrestre con motivo da mesma, será de exclusiva responsabilidade da organización da Festa (Confraría e Parquistas).

Así mesmo , a resolución recolle expresamente que para a celebración do evento, a organización deberá cumprir os requirimentos sinalados polo Enxeñeiro Municipal co obxecto de preservar e garantir a conservación ou reparación sos servizos públicos . Estes condicionantes de obrigado cumprimento son colocar pranchas de aceiro na totalidade do acceso para repartir a carga dos vehículos pesados e constituír unha fianza de 3.000 euros como garantía de reposición dos servizos municipais que puidesen verse afectados polo paso dos vehículos. Cómpre recordar que, segundo a documentación por eles presentada, a previsión dos organizadores é que accedan á Praia atravesando o Paseo Marítimo 4 trailers de entre 35 e 40 toneladas de peso máis outros 2 camións de 3,5 toneladas que ademais deberían desprazarse polo areal ao longo de 250 metros.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -