_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
A oferta das festas amplíase coa exposición “Scenes At Arousa Bay”: na sala Rivas Briones

A oferta lúdica e cultural da programación das Festas de San Roque amplíase a partir de hoxe coa apertura na sala Rivas Briones da exposición “Scenes at Arosa Bay. Vidas propias, miradas alleas”. Trátase dunha mostra producida integramente polo Concello a partir da colección de fotos e postais antigas de Juan Carlos Porto, que fai un repaso pola Vilagarcía da década dos anos 20 do século pasado, con especial atención á relación existente por entón coa Armada Inglesa. A inauguración será ás 20:30 horas e estará amenizada polo grupo de Acordeóns Arosa Bay.
11.08.2017.- A mostra ocupa a planta baixa e o primeiro andar da Rivas Briones, aínda que a Rúa Rey Daviña actuará como antesala con iluminación e grandes fotografías temáticas.
Os contidos estrutúranse en tres niveles:
1.- O primeiro será o da rúa Rey Daviña, onde as 17 cruces da iluminación levarán 34 fotografías a gran formato, centradas en detalles, sobre todo miradas dos protagonistas.

2.- O segundo nivel estará na planta baixa da Sala Rivas Briones, onde se fará un percorrido pola paisaxe da época. A entrada presídea unha gran imaxe de mariñeiros británicos disposta nunca caixa de luz. O corredor esquerdo está dedicado a imaxes de Vilagarcía, a costa e os seus redores, máis os peiraos e a praia. E polo lado dereito recóllense escenas de Carril e Cortegada e Vilaxoán e Vilaboa (Comboa). Un aspecto a ter en conta é que a exposición non é unha mera exposición de fotografías, senón que se trata de seguir un fío argumental dando contidos que conten unha historia. E para iso utilízanse títulos son ben significativos: La Ciudad más europea (Vilagarcía), Benvidos ao Norte (Carril), e Ventos do Sur (Vilaxoán).
Neste mesmo espazo creouse unha especie de illa interior en forma de “U” na que se expoñen 48 augatintas de Miriam Villaronga, que reinterpretan outras tantas “scenes” tomadas de postais antigas.
No fondo da sala colocouse un gran mapa de 1902 feito a man con fotografías das equivalencias de as rúas e, disposto no chan, unha recreación da antiga liña de costa.

3.- E o terceiro nivel da exposición sitúase no primeiro andar da sala. Arriba, o espazo dedícase exclusivamente ás xentes da Vilagarcía da época. Este último nivel distribúese en bloques. Nun primeiro xógase cos propios títulos postos no seu día polas “olladas” inglesas que fixeron as fotos e son Working & Living; Washing Day; Express Delivery; y God Save The Queen.
Na parede dereita expóñense 45 retratos de persoas, acompañados dun texto moi significativo de 1898 no que a revista ilustrada da Royal Navy retrata a os vilagarciáns e que se titul “A scena at Arosa Bay”.

No centro deste nivel tamén se instalou un habitáculo en forma de “U” dentro do cal e baixo o título “Pásmate, Milita [A vila que (se) foi” –tamén sacado dun texto da época- .se expoñen 24 fotografías da Vilagarcía perdida (edificios, estilos de vida, etcétera).Nesta mesmo espazo reproducirase de xeito continuado dúas películas da Vilagarcía da época. A primeira, rodada pola propia Royal Navy en 1919, titulada “Scenes at Arosa Bay” e de onde ven o nome da exposición. A segunda data de principios dos anos 40 e recolle imaxes da Praia de Compostela.

En resumen, o propio título, “Scenes at Arosa Bay. Vidas propias, miradas alleas”, explica á perfección o obxecto desta exposición: Trátase de facer unha viaxe ao pasado pero a través da mirada dos fotógrafos externos, profesionais ou non. Para poder diferenciar entre o ver -que é a idealización da “Vilagarcía antiga”- e o mirar – que é como nos vían-, cousas ben distintas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2017  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -