_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O plan de mellora das casas de cultura continuará polas de Cornazo e Sobradelo

O Concello de Vilagarcía segue a desenvolver o plan de mellora e mantemento das casas de cultura e centros socioculturais do municipio iniciado hai xa dous anos. As casa de cultura de Os Borrizos (Cornazo) e o centro cultural de Sobradelo son próximas instalacións que serán obxecto destes traballos,. A Xunta Local de Goberno aprobou esta semana a memoria das actuacións a levar a cabo en cada un dos edificios e cuxo importe total ronda os 50.000 euros que se financian con fondos municipais.
09.08.2017.- A casa de cultura dos Borrizos, en Cornazo, construíuse na década dos anos 90 e aínda que a posteriori realizáronse algunhas reformas, o centro precisa nestes momentos da execución de pequenas obras de conservación e reparación co obxecto de manter a seguridade do inmoble e mellorar os eu acabado. Os traballos previstos son a limpeza de cuberta e reposición de tellas, reparación de instalacións de fontanería, pintado de parámetros exteriores e interiores, decapado e posterior pintado de reixas e varandas exteriores, reparación dunha fiestra e limpeza completa do edificio. Nestas actuacións investiranse 33.670 euros.

Os traballos a realizar no centro cultural de Sobradelo céntranse en pequenas obras de cociña e na mellora de diversos acabados e teñen un orzamento de 15.263 euros. En concreto, adaptarase como cociña unha das estancias e instalarase o equipamento necesario, así como a extracción de fumes e cheminea. Arranxaranse as fiestras e colocaranse estores para controlar a entrada da luz solar. Tamén se construirá unha escaleira na saída do salón de actos cara a finca traseira e se colocará unha varanda exterior. Finalmente, lixaranse e pintarase todas as varandas metálicas exteriores, porase un rótulo identificativo do centro Veciñas de Sobradelo e farase unha limpeza completa ao edificio.

Unha vez aprobadas as memorias de actuacións, comezarase o proceso de contratación dos traballos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -