OBRAS E SERVIZOS
A Xunta Local de Goberno adxudica a obra de pintado da Escola Infantil Municipal da Lomba A Xunta Local de Goberno acordou na reunión de onte adxudicar os traballos de pintado exterior e interior da Escola Infantil Municipal da Lomba. Adrián Paz Fernández é o adxudicatario da obra na que se invisten 20.570 euros dos fondos do Plan provincial de 2017.
08.08.2017.- Os traballos comezarán de inmediato xa que o obxectivo é que as instalacións estean pintadas para o inicio do vindeiro curso escolar, a mediados de setembro. Dado que a escola Infantil so pecha unha semana en setembro, a execución dos traballos serán coordinada previamente coa dirección do centro co obxecto de poder inicialos en agosto, sen que interfiran no normal funcionamento da gardería. Dado que neste mes o número de escolares descende notablemente, hai aulas baleiras nas que se pode ir traballando. O resto dos traballos faranse na semana de vacacións na que pecha o centro.
Esta actuación enmárcase nos traballos de mantemento periódico que o Concello fai nas instalacións educativas e mellorarán considerablemente a imaxe e ornato do edificio, tanto no exterior como no seu interior.