_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e comuneiros de Bamio pechan o acordo para trasladar o transformador de O Casal

A colaboración entre o Concello de Vilagarcía e a Comunidades de Montes de Bamio permitirá resolver a antiga demanda de renovación e traslado do transformador eléctrico do Casal e tamén fai posible a recuperación do merendeiro do Pedroso e a creación dun parque infantil na praia do Campanario. Para poder levar a cabo estras actuacións, os comuneiros cederon ao Concello o uso de tres espazos da súa propiedade e o Concello encargarase de realizar as obras e de facer as xestións oportunas ante outros organismo implicados.
03.08.2017.- A Xunta Local de Goberno tomou coñecemento na reunión desta semana do acordo da Comunidade de Montes de Bamio a través do cal ceden ao Concello o uso destas tres parcelas coa finalidade de que se acometan as actuacións antes sinaladas.

O concelleiro de Obras, Lino Mouriño, foi o encargado de negociar cos comuneiros e de pechar un acordo que resultará beneficioso para todos os veciños de Bamio. O primeiro, porque resolve o problema do transformador de Fenosa existente nunha finca privada cuxo propietario leva anos requirido o seu traslado. Ademais, a instalación a través da que se subministra de electricidade ao núcleo do casal, quedou obsoleta e se atopa en mal estado, polo que é preciso a súa substitución por unha nova máis potente e segura.

O Concello xa fixo as xestións oportunas ante Fenosa que, como resultado xa ten orzamentado para este ano o desmontaxe do vello transformador e a instalación dun máis moderno no novo emprazamento. A compañía estaba á espera de que se completase os trámites da cesión da parcela para levar a cabo os traballos que previsiblemente se executarán antes de que remate o ano.

A segunda das cesións afecta a uns terreos situados nas proximidades da antiga escola unitaria do Pedroso nos que hai anos se instalaran uns bancos e unhas mesas a modo de merendeiro. Este espazo leva tempo abandonado e coa cesión, o Concello encargarase do seu acondicionamento e mellora para dotar aos veciños de Bamio nun lugar de esparexemento público en condicións.

Por último, os comuneiros ceden o uso dunha parcela á beira da praia do campanario co obxectivo de que o Concello habilite nela un parque infantil. O goberno local comprometeuse a asumir a actuación, pero antes deberá obter o permiso de Costas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -