AVISOS
As bolsas municipais para estudos universitarios e superiores poden solicitarse ata o 31 de agosto O Concello de Vilagarcia informa que o día 1 de agosto abriuse o prazo de presentación de solicitudes para recibir as axudas municipais a estudos universitarios e de ciclos superiores. A diferenza da primeira convocatoria realizada o ano pasado, nesta as axudas concederanse a ano vencido, é dicir en relación ao curso 2016/17, polo que os interesados deberán presentar os xustificantes de matrícula e notas relativos a ese curso. As axudas concédense an base a criterios de ingresos da unidade familiar e serán de 400 euros para estudos universitarios e similares e de 200 para ciclos superiores de FP ou da UNED. O prazo de solicitude remata o 31 de agosto.
02.08.2017.- O goberno que preside Alberto Varela creou o ano pasado estas bolsas en vista dunha realidade social que estaba acontecer como consecuencia da crise económica que estaba a dificultar mesmo impedir que os fillos de familias con rendas máis baixas ou cuxos proxenitores quedaron sen traballo puideran seguir estudando. Por iso as bolsas s concédense en función ao nivel de renda. Unha novidade que se aplica este ano como requisito para concedelas e que os beneficiarios teñan superado, polo menos, o 50% das materias do curso nas que estivera matriculado en 2016/17.
O ano pasado recibiron estas axudas do Concello 97 estudantes universitarios e ciclos superiores de FP entre os que se distribuíron máis de 36.000 euros. Os interesados poden consultar as bases e obter os formularios de solicitude nas dependencias das Concellerías de Educación e Servizos Sociais e a través do taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal . Nas bases, que se publicaron no BOP do 31 de agosto, figuran os requisitos que se deben cumprir e a documentación a presentar.