_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O actor David Seijo subirá ao balcón de Ravella como pregoeiro das Festas de San Roque 17

As Festas de San Roque Terán este ano un pregoeiro de cine e da casa. O encargado de dar o pistoletazo de saída aos festexos o xoves, 10 de agosto, dende o balcón do Concello será o actor vilagarcián David Seijo. A lectura do pregón comezará ás 20:30 horas.
02.08.2017.- David Seijo Sanmiguel leva anos traballando no mundo do cine e o teatro, aínda que se fixo popularmente famoso a raíz do seu papel de Ramiro na serie de televisión “El Barco”, protagonizada por outro galego, Mario Casas e por Blanca Suárez.

Seijo, de 34 anos, naceu e criouse en Vilagarcía, onde reside a súa familia e a onde segue vindo sempre que o seu traballo llo permite, pero especialmente, durante as festas de San Roque. Estudou no colexio da Lomba e formouse en Pedagoxía teatral na Coruña, once se iniciou no mundo do teatro profesional. Posteriormente continuou a súa formación en interpretación na prestixiosa escola Juan Carlos Corazza de Madrid.

No seu curriculum, destacan, ademais da súa participación na serie de Antena 3 “El Barco”, as súas aparicións en “Cuéntame” como “Benji”, nun episodio de “Aida”, nas producións da TVG “Dalia, a modista”, “Fontealba” e “O Farro”, así como na primeira coprodución de Galicia e Portugal, a serie “Vidago” da que é protagonista.

No cine, interveu na galardoada película “León y Olvido” e en “Afterparty”, entre outros traballos no teatro e en publicidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -