_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Os obradoiros de Vilagarcía formarán a 35 persoas en socorrismo, auxiliar de deporte, fontanería e carpintería

O Concello de Vilagarcía contará a próxima temporada con dous novos obradoiros de Emprego mediante os que recibirán formación 35 desempregados. Os proxectos presentados pola Concellería de Promoción Económica e Emprego foron aprobados pola Xunta de Galicia segundo comunicou hoxe o delegado territorial, José Manuel Cores Tourís. A través do Labor@Xove formarase a 15 mozos e mozas de ata 30 anos de idade nas especialidades de Operacións auxiliares na organización de actividades e funcionamento de instalacións deportivas e a de Socorrismo en espazos acuáticos. No FORME 17 recibirán formación 20 desempregados nas modalidades de Carpintería e moble e na de Fontanería e sistemas de calefacción.
31.08.2017.- Xunta e Concello confinancian estas iniciativas que teñen como obxecto facilitar a empregabilidade e o acceso ao mercado laboral de colectivos con especial dificultade de inserción. Ámbolos dous obradoiros teñen dúas vertentes, xa que ademais de preparar aos alumnos con formación teórico e práctica sobre a especialidade elixida, tamén realizarán as súas primeiras prácticas laborais realizando traballos de interese comunitario para o Concello. Durante todo o tempo que duren os obradoiros os alumnos recibirán o salario mínimo interprofesional.

O Concello de Vilagarcía solicitou a concesión das catro especialidades integradas nos dous obradoiros tendo en conta a demanda e as saídas que estas profesións teñen no mercado laboral. Unha das máis novidosas é a de socorrismo en espazos acuáticos, unha titulación moi requirida polos concellos na temporada de verán para os servizos de praia e que resulta difícil cubrir pola escasez de persoas tituladas.

Outra das novidades respecto ao ano pasado, é que o obradoiro FORME volve a ter unha duración de 9 meses, xa que os 6 que a Xunta aplicou o ano pasado a este tipo de resultaba insuficiente para completar a formación convenientemente.

O Concello ten que esperar a que a Xunta de Galicia comunique ofialmente a resolución da subvención para iniciar os procesos de selección dos alumnos, docentes e directoers dos dous obradoiros. Estes procesos realizaranse a través do servizo Público de Emprego (antigo INEM) onde os interesados deben estar dados de alta nas listas de demandantes de emprego e cumprir os perfís solicitados na orde da Consellería. A intención é que as dúas iniciativas de emprego se poñan a andar a partir de setembro.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -