AVISOS
Cortes de tráfico o luns e martes en Carril polas festas do Apóstolo A celebración das festas do Apóstolo en Carril obrigan a cortar o tráfico en determinadas rúas e anular os aparcamentos para a celebración dos actos programados para o luns, 24 e o martes 25 de xullo.
RESERVAS DE ESTACIONAMENTO:
As zonas de aparcamento na rúa Mariña, na Alameda e no estacionamento portuario (detrás da lonxa) de Carril, reservaranse para instalación de atraccións contratadas pola Comisión de Festas de Carril dende as 08:00 horas do día 24.
PECHES DE TRÁFICO:
Con motivo da celebración das verbenas dos días 24 e 25 de xullo, pecharase o tráfico de acceso á Alameda dende o cruce de Rosalía de Castro coa Rúa a Mariña a partir das 16:00 horas.