_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Costas financiará o cen por cen da reforma do paseo marítimo entre Vilagarcía e Carril

Tras a positiva reunión mantida onte en Madrid co subdirector xeral de Protección da Costa e seguindo as instrucións deste, o alcalde, Alberto Varela, mantivo esta mañá unha reunión coa xefa provincial de Costas, Cristina de Paz Curbera, para concretar os aspectos para levar a cabo a reforma do paseo marítimo entre Vilagarcía e Carril. Esta segunda entrevista resultou igual de satisfactoria, xa que Cristina de Paz confirmou que o Costas financiará o cen por cen do cambio do pavimento do paseo, actuación que podería iniciarse despois do verán.
20.07.2017.- O departamento de Costas encargará aos seus técnicos a elaboración do presuposto da actuación para os distintos acabados e materiais que poderían utilizarse para substituír as actuais lousas de pizarra que tantos problemas están a provocar pola súa inconsistencia e polo alto custe de mantemento. Tan pronto como se teñan as estimacións económicas, levarase a cabo outra reunión de traballo para, xunto cos técnicos, avaliar as alternativas e decidirse pola que mellor se adapte ás necesidades e ao entorno do paseo.

A substitución do solado dos dous quilómetros de paseo entre Vilagarcía e carril é unha vella demanda xa que, despois de case 30 anos, as lousas de pizarra están moi deterioradas, dificultan o tránsito dos peóns e require un elevado custe de mantemento. Coa actuación prevista o enlousado actual cambiarase por outro material máis resistente que aguante o paso dos vehículos de limpeza, permita camiñar sobre el sen riscos de tropezar e que requira de pouco mantemento para unha perfecta conservación.


Estes trámites non deberían levar moito tempo polo que o inicio das obras prevese para despois do verán.

No que respecta á continuación do carril bici, medida que Costas tamén aprobou, a actuación levarase a cabo nunha segunda fase e correrá por conta do Concello quen, ademais de asumir o custe –que será moito menor que o da substitución do firme do paseo, deberá tramitar ante o departamento estatal un expediente de concesión administrativa e desafectación da franxa de terreo sobre a que se actuaría.

Como é ben sabido, o carril bici córtase na actualidade na praia da Concha, xusto onde comezan as casas. Dada a imposibilidade de continuar por esta liña, o goberno socialista propuxo facelo pola banda do areal ata onde a súa anchura o permita. Deste xeito, sen restar apenas espazo á praia, garantirase que bicicletas e patíns circulen separados dos peóns na maior parte do paseo, reducindo molestias e aumentando a seguridade de uns e outros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -