_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O goberno local aproba axudas á educación infantil e superior por valor de 53.500 euros

O goberno local aprobou esta semana as axudas á educación infantil e as destinadas aos estudos superiores. No primeiro caso refírese ao curso próximo, 2017-2018; no segundo, ao pasado, 2016-17. En total son 53.500 euros (13.500 para infantil e 40.000 para a superior), aínda que na infantil se podería incrementar en ata 1.500 euros se se produciran sobrantes no Plan Madruga. Para a infantil, o prazo de presentación de solicitudes vai do 1 ao 30 de setembro; para a superior, dende a publicación da convocatoria no BOP –nos vindeiros días- ata o 31 de agosto. En ambos casos pode facerse presencialmente no concello pero tamén a través da sede electrónica. As bases están publicadas na web municipal http://www.vilagarcia.es
15.07.2017. A concesión de axudas aos estudos está financiada polas concellerías de Benestar Social, que dirixe Tania García, e a de Educación, que coordina Miro Serén. Esta é a segunda convocatoria en que non se esixen xustificantes do gasto –antes era así posto que se dirixían á compra de material escolar-, senón que chega con documentar a matrícula, no caso da educación infantil, ou ter aprobados alomenos a metade das asignaturas do curso superior.

Outra novidade é que nos estudos superiores se inclúen a participación en másteres ou a educación musical en conservatorios profesionais. A contía das axudas para formación profesional redúcese á metade (de 400 a 200€) por entender que os estudios universitarios conlevan gastos sensiblemente máis elevados que os de FP. Ademais das notas e de estudar fóra de Vilagarcía, outra requisito de valoración é o nivel de renda familiar, similar aos últimos anos, e que figura nas tablas correspondentes nas bases xa publicadas. As axudas en educación infantil son de 60 euros por alumno; en estudos superiores, de 400€, agás en FP e UNED, que serán de 200€.

Tanto os solicitantes novos coma os participantes na convocatoria do ano pasado recibirán un correo electrónico con todas as novas que se lles afecten na tramitación destas becas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -