_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os cabezudos da “Danza dos Paxaros” abren o Festival do Estío o domingo no Miguel Hernández

Os vistosos cabezudos da Compañía Paporrubio serán os encargados de inaugurar este domingo, 25 de xuño, o Festival do Estío de Vilagarcía, o programa de actividades socio culturais organizado pola Concellería de Xuventude para celebrar a chegada das vacacións escolares de verán. A “Danza dos Paxaros” que terá lugar a partir das 12:30 horas no Parque Miguel Hernández será o primeiro dos sete espectáculos programados polo departamento que dirixe Sonia Outón para a vindeira semana con catro sesións a desenvolver en distintas rúas e prazas da cidade. Todos as actividades son de balde.
23.06.2017.- “A danza dos Paxaros”, que a Compañía Paporrubio presenta este domingo en Vilagarcía é un espectáculo de animación de rúa formado por seis actores e actrices e un actor principal, Luchi Iglesias, o ornitólogo que dirixe a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros percorrerán as rúas, a praza ou o espazo que se lles dispoña facendo bailar a todos e todas as presentes. Estes cabezudos constitúen un espectáculo sorprendente, áxil e de grande éxito entre o público polo seu carácter participativo e a súa interrelación co mesmo.


As seguintes sesións do Festival do Estío serán o xoves 29 de xuño e o venres 30 e a xornada de clausura será o sábado 1 de xullo:
PROGRAMA:

• Xoves, 29 de Xuño no Parque Miguel Hernández
12:30 horas: FANTOCHES BAJ- “Rei, Rei?”
21:00 horas: TÍTERES TROMPICALLO- “Jiñol”

• Venres, 30 de xuño nos Xardíns de Ravella
12:30 horas: TEATRO GHAZAFELHOS- “O vendedor de fume”
21:00 horas : MARÍA FALTRI E JORGE JUNCAL- “Fantasía coas Palabras”

• Sábado, 1 de xullo NA Praza de Galicia
12:30 horas: XAROPE TULÚ- “De Bruídos e Miañares”
21:00 horas: MAMÁ CABRA- Concerto
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -