CULTURA
O dúo “VooDoo” ameniza a sesión vermú do domingo na rúa Castelao O ciclo de concertos do Ágora Vermú chega este domingo á Rúa Castelao cunha atractiva proposta musical a cargo de VooDoo, o dúo musical que vén de gañar o Premio Martix Códax na categoría de Blues/funk/soul. A sesión do ciclo programado pola Concellería de Cultura a efectos de dinamizar e amenizar as mañás do domingo, comezará ás 13:30 horas. En caso de choiva, trasladaríase á Praza da Peixería.
23.06.2017.- Aínda que, na actualidade, VooDoo, é un dúo feminino, a formación naceu no ano 2015 como cuarteto (Batería, guitarra, baixo e teclados e voz). Nesa época, comeza a estruturar o seu estilo e no camiño gaña en Compostela o premio á mellor canción en Galego por "Eu son VooDoo" no certame Musica Xove 2015. Entón, e grazas á produción musical de Sergio Delgado, gravan nos estudios Bruar da Coruña o seu primeiro EP formado por 4 temas en varios idiomas e que se caracterizan por un son poderoso, un estilo marcadamente R&B e a frescura da improvisación instrumental.
Meses despois, VooDoo reestruturase en dúo feminino: Maritxinha ao cargo do baixo e dos loops e Belém Tajes, teclado e voces. Con este novo formato, o dúo inicia unha nova andadura de concertos de presentación. Grazas ao director de cine indio Sehrán Mohsin e gravan o video clip de "Moreniña", unha canción tradicional galega. Recentemente, VooDoo vén de gañar o Premio Martín Códax da Música galega na categoría de Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e adaptándose a novos formatos de directo.