FESTAS
Concello e Zona Aberta invitan aos vilagarciáns a celebrar a noite de San Xoán na praia O Concello de Vilagarcía en colaboración coa asociación de comerciantes Zona Aberta invitan aos vilagarciáns a celebrar a Noite de San Xoán na Praia da Concha. Unha gran cachada con sardiñada son os elementos imprescindibles que no faltarán para dar a benvida o solsticio de verán, catar as primeiras sardiñas da temporada e saltar a fogueira para alonxar os malos espíritos.
22.06.2016.- O Concello, a través do servizo de Medio Ambiente, será o encargado de montar a gran cachada que se instalará na zona da Concha e que se prenderá a media noite. Dado que este ano, o resto das podas de parques e xardíns foron triturados para usar como estruturante nos plans de compostaxe individual e comunitario, a cachada municipal queimará este ano resto de poda dos montes da Comunidade de Castroagudín, colaborando deste xeito co colectivo de comuneiros á xestión e eliminación dos restos vexetais.
O Servizo municipal de Emerxencias e protección Civil serán os encargados de controlar o cumprimento da normativa de seguridade e vixiar para que a celebración se desenvolva con normalidade e sen problemas. Pola súa banda, Zona Aberta asará as sardiñas que se distribuirán de balde entre o público presente na festa.