_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A consolidación do muro da finca da Laxe remata no tempo recórd dunha semana

O departamento de Mantemento de ABanca comunicou esta mañá ao Concello que os traballos de reparación do muro da finca da súa propiedade na Laxe remata hoxe mesmo, despois de unha semana de execución. A celeridade coa que se solucionou o problema de seguridade que supoñía o mal estado do peche de pedra foi froito das xestións que o goberno local realizou coa propiedade e pola boa disposición desta. Ponse de manifesto unha vez máis a axilidade e eficacia do executivo socialista que resolveu en 10 días un problema de seguridade que goberno do PP detectou en 2014 pero non fixo nada por solucionar.
Tan so uns días despois de que a concelleira do PP, Ana Granja,que exercía as competencias de Urbanismo en 2014, preguntase no Consello de Xerencia sobre as medidas adoptadas sobre o muro “da Finca Douro”, -equivocación propia do descoñecemento da situación, xa que non era esa propiedade senón a da outra beira da rúa- o alcalde reuniuse con responsables de A Banca para requirirlles a urxente execución das obras de consolidación do muro das necesarias labores de limpeza da finca en base á ordenanza de mantemento e ornato e para previr riscos de incendios e de salubridade. A empresa respondeu coa mesma celeridade e nunha semana executou as obras e procedeu ao desbroce da maleza en toda a propiedade.

Unha vez rematados os traballos, o Concello procederá á retirada das vallas e elementos indicadores instalados de forma preventiva para que os peóns no camiñaran pegados ao muro namentres non se garantía a súa seguridade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -