_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO AMBIENTE
A Xunta de Goberno aproba as bases das axudas á prevención de incendios nos montes municipais

A Xunta de Goberno Local aprobou na reunión de hoxe as bases reguladoras das axudas para actuacións de prevención de incendios forestais nos montes do termo municipal de Vilagarcía. Trátase dunha liña de subvencións nova, que se pon en marca este ano e coa que se da cumprimento aos compromisos adquiridos polo goberno local para a aprobación do Orzamento de 2017. Nesta primeira convocatoria disporase dunha partida de 70.000 euros para financiar os proxectos que presenten as mancomunidades e comunidades de montes en man común de Vilagarcía para mellorar a situación dos nosos montes en relación á prevención de incendios. As actuacións a subvencionar inclúen tratamentos silvícolas, rareos, eliminación de restos e creación de infraestruturas para combater os lumes.
19.06.2017.- A través desta liña pódense financiar creación de devesas, tratamentos axeitados da biomasa residual, limpeza e rozas das zonas de protección para liberar vexetación accesoria á masa principal e para rarear a masa arbórea. Tamén se concederán axudas para dotar aos montes de infraestruturas preventivas necesarias para unha efectiva actuación en caso de ter que combater lumes, tales como a construción de depósitos ou puntos de abastecemento de augas. De igual xeito, serán subvencionables intervencións de silvicultura preventiva.

Os importes das axudas son variables. Unhas calcúlanse en función de aspectos como a superficie que abarque a actuación proxectada, si é unha actuación a levar a cabo de forma manual ou mecanizada e tamén en función da capacidade do depósito de auga. Hai unha excepción, na que se poden financiar ata o 100% do custe do proxecto: a construción de puntos de captación de auga adaptados para vehículos contra incendios, para o cal se esixirá a aprobación preceptiva do SDCIF.

As axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia non competitiva e a través da Concellería de Servizos e Relacións Veciñais. As solicitudes presentaranse dentro do prazo establecido no Rexistro Xeral do Concello e segundo o formulario que se inclúe nas propias bases (ambos dispoñibles no taboleiro de anuncios do portal http://www.vilagarcia.gal . A administración disporá dun prazo máximo de 2 meses para resolvelas e o pago da cantidade concedida farase en dous prazos: O 50% no momento da concesión e a metade restante, ao remate e tras a comprobación da execución do proxecto.

As bases remitiranse esta semana á Deputación para a súa publicación no BOP. A partir do día seguinte á publicación, abrirase un prazo de 30 días naturais para presentación de solicitudes. Será nese momento cando tamén estean dispoñibles en http://www.vilagarcia.gal e en http://www.sede.vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2017  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -