_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Uxío López amosa na sala Rivas Briones os “Xeitos diferentes de arrincar a pel”

O pintor vilagarciá Uxío López regresa a sala de Exposicións Antón Rivas Briones cunha exposición moi persoal na que se abre ao espectador para ensinar as diversas técnicas e materiais que utiliza para crear as súa sobras, ou o que é o mesmo, para expresar as súas ideas, os seus sentimentos, a súa visión do mundo. En “Xeitos diferentes de arrincar a pel” Uxío recompila obras realizadas nos últimos anos, en diversos formatos e sobre diferentes soportes coa orixinalidade de reunir cadros de pequeno formato que teñen sentido individualmente, para compoñer unha obra de gran formato que, no seu conxunto, ten unha identidade e vida propia e diferente as pezas que o forman.
16.06.2017.- A exposición inclúe obras de pequeno, mediano e gran formato feitas sobre soportes variados que van dende o lenzo ou tea, tratada e sen tratar, aos diferentes tipos de papel (de debuxo,de estraza ou de arroz) e mesmo fotogramas de películas e vidro.

No que a estilos, se refire, Uxío móvese á perfección no expresionismo abstracto que, nalgúns casos, achega cara a figuración, sobre todo en obras na que a paisaxe é a protagonista.

“Xeitos diferentes de arrincar a pel” é a terceira exposición individual de Uxío na Rivas Briones, espazo do que el foi un dos principais promotores e que el mesmo inaugurou no ano 2000 coa primeira exposición que acolleu a sala reservada aos autores locais de maior nivel e prestixio.

A mostra, que ocupa o baixo e o primeiro andar da sala, poderá visitarse ata o 28 de xullo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -