SERVIZOS SOCIAIS
O Concello aporta 90.600 euros para os programas de Cruz Vermella O Concello de Vilagarcía contribuirá este ano a financiar os principais programas que Cruz vermella presta en Vilagarcía cunha achega de 90.600 euros. Esta partida divídese en dúas accións. A principal, cunha achega de 84.000 euros destínase a participar nos gastos do Albergue de Transeúntes, mentres que os 6.600 restantes son para financiar as axudas en situación de emerxencia social de carácter urxente e inmediato.
0A Xunta Local de Goberno dou o visto bo aos dous convenios que os Servizos Sociais do Concello asinarán este ano con Cruz Vermella e a través dos que se articulan as mencionadas subvencións de carácter nominativo.
Estes convenios enmárcanse no protocolo de colaboración entre o Concello e varias entidades sociais do municipio. O protocolo elaborouse co obxecto de crear unha rede máis ampla e tupida de servizos sociais para chegar a onde as administracións non poden, ben por falta de medios ou polos prazos de tramitación que establecen os protocolos legais e que ralentizan a concesión de axudas, especialmente as de carácter inminente.
2.200 euros máis que o ano pasado
Para resolver este último obstáculo asinouse do convenio con Cruz Vermella para as accións dirixidas a paliar situacións de emerxencia social de carácter urxente e inmediato que permite á entidade non gubernamental conceder estas axudas ao momento, a diferenza da administración que ten que realizar a tramitación do expediente. Deste xeito garántese que as axudas realmente urxentes sexan efectivas a ser recibidas de forma inmediata. Para este convenio o Concello aporta este ano 6.600 euros., 2.200 máis que no exercizo anterior.
A cantidade más importante, a de 84.000 euros destínase a contribuír no financiamento dos gastos de xestión e mantemento do albergue de transeúntes que Cruz Vermella ten na Praza da Constitución.