_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello eleva a súa aportación para ofrecer salarios dignos ás 20 contratacións de perceptores da RISGA

O Concello de Vilagarcía decidiu implementar con fondos propios subvención da Xunta de Galicia para o programa de contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión perceptoras da RISGA. Con esta decisión, o goberno local pretende ofrecer salarios dignos aos 20 desempregados que se beneficien deste programa, convertendo en xornada completa os contratos que coa subvención autonómica só sería a tempo parcial. A achega a maiores que aporta o Concello é de 45.000 euros.
10.06.2017.- O programa de contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado laboral ás persoas máis desfavorecidas e co nivel máis baixo de recursos. O goberno local socialista entende que a acción das administracións non deben limitarse a facilitar a contratación, senón que debe tratar de garantirse que sexan empregos estables e con salarios dignos para permitir ou axudar a autonomía económica dos traballadores.

A través deste programa, o Concello contratará este ano a 20 perceptores da Risga. Os perfís laborais demandados son 10 peóns forestais e 10 peóns de construción de obra pública que pasarán. Os contratos serán, como xa se dixo, a xornada completa, e terán unha duración de 7 meses.

A lista de aspirantes a acceder a estes postos realizarase tras o cruce de datos por parte do Servizo de Benestar da Xunta de Galicia (xa que teñen que ser preceptores da Risga) e do Servizo Público de Emprego (en cato a que teñen que estar anotados como demandantes de emprego e responder ao perfil profesional).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -