_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A hostalaría súmanse á campaña de reciclaxe de vidro posta en marcha por Ecovidro e Concello

A concellería de Medio Ambiente de Vilagarcía e a empresa Ecovidro colaboran na posta en marcha dunha nova campaña para impulsar a reciclaxe de vidro entre a hostalaría xa que este sector produce máis do 50% dos residuos de vidro que se xeran en España.. 73 establecementos hostaleiros do centro de Vilagarcía sumáronse á iniciativa que inclúe o reparto de cubos cos rodas para os locais e a instalación nas rúas de contedores específicos e con sistema hidráulico que facilita o volcado dos envases por parte dos hostaleiros
31.05.2017.- O concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño e o xerente de Galicia de Ecovidrio, Germán Fernández, presentaron hoxe esta nova campaña iniciada hai unas semanas cunha primeira fase que consistiu na realización de enquisas e entrevistas aos responsables dos restablecementos hostaleiros para coñecer de primeira man cales son as súas necesidades e poder adecuar os recursos existentes. Nesta fase, Ecovidrio ofreceu información detallada sobre como reciclar correctamente e sobre as avantaxas sociais e económicas que ten o reciclado de vidro.

A segunda fase da campaña iniciouse hoxe mesmo co inicio do reparto dos cubos aos hostaleiros para almacenar o vidro nos locais. Os cubos teñen diferente tamaño e forma, atendendo ás características e necesidades dos locais. Tamén hoxe se comezou a colocar 12 novos contedores específicos para esta campaña e que disporán dun sistema hidráulico para facilitar o volcado dos cubos dos hostaleiros nun único movemento. Estes contedores colocaranse nas zonas onde se concentran os bares e restaurantes para facilitar o transporte do vidro.

En algún puntos, estes novos contedores substituirán a outros non adaptados ás necesidades dos hostaleiros, pero os que se retiran aproveitaranse e colocaranse noutras zonas do municipio a efectos de continuar incrementando a infraestrutura para facilitar aos veciños as labores de reciclaxe. Nestes momentos, Vilagarcía conta cun contedor pro cada 300 habitantes.

Datos de reciclado de vidro en Vilagarcía

Segundo os últimos datos dispoñibles de 2016, os cidadáns de Vilagarcía reciclaron un total de 537.083 quilogramos de envases de vidro, o que equivale a unha media de máis de 14,4 quilos de vidro por habitante. Isto supón que cada vilagarcián reciclou unha media de 55 envases por ano.

Respecto á taxa de contenerización, Vilagarcía de Arousa sitúase cunha media de 300 habitantes por contedor, contando na actualidade con un total de 124 contedores para los residuos de envases de vidro instalados en este municipio.

Beneficios da reciclaxe

Ecovidrio garante que o 100% do vidro que se recupera tanto nos contedores como mediante o servizo de recollida porta a porta recíclase para fabricar novos envases de vidro e lograr múltiples beneficios para o medio ambiente e a sociedade.

Cun xesto tan sinxelo como o de separar as botellas, botellíns, tarros e frascos usados para depositalos despois nos iglús do vidros, redúcese ol consumo de enerxía, afórranse materias primas e se diminúen os vertedoiros e a contaminación do aire.

No caso concreto de Vilagarcía, o reciclado das 538 toneladas de vidro recollidas (máis de 2 millóns de envases) permitiu aforrar o gasto de máis de 645 toneladas de materias primas para a fabricación doutros envases; impediu que se emitisen á atmosfera 360 toneladas de CO2 e logrou aforrar 1.200 megavatios por hora de enerxía.

Os contedores de vidro situados nas rúas serven para recoller unicamente os envases de vidro: botellas, botellíns, tarros e frascos que se consumen nos fogares e no sector da hostalería, a restauración e o cátering. Hai outros materiais como a cerámica ou outros tipos de vidro (pratos, vasos, cristais de fiestras, etc.), que ao ter unha composición distinta á do vidro dos envases, deben ser depositados nos puntos limpos das cidades.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -