AVISOS
As familias de nenos e nenas admitidos na Escola Infantil dispoñen de prazo ata o 12 de xuño para formalizar a matrícula Os Servizos Municipais fixeron pública onte a lista definitiva de nenos e nenas admitidos na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía para o curso 2017/18. As familias destes cativos deben formalizar a matrícula entre o 1 e o 12 de xuño. De non realizar este trámite, perderán o dereito á praza que pasará a cubrirse recorrendo á lista de agarda.
31.05.2017.- Por outro lado, tamén onte se publicou a lista de cativos admitidos na Escola Infantil de Verán que se prestará os meses de xullo e agosto. Este servizo estival baséase en aproveitar as vacacións que collen algún dos nenos matriculados para que esas prazas poidan ser ocupadas por cativos que non son usuarios do servizo. Con isto preténdese favorecer a conciliación do maior número de familias e sacar o máximo rendemento á Escola Infantil que, pese a continuar funcionando en verán, soe dispoñer de vacantes debido a que moitas familias deixan d elevar aos nenos á gardería durante os períodos vacacionais dos proxenitores.