AVISOS
Espina & Delfín alerta sobre a presenza de falsos cobradores do servizo municipal de augas A empresa concesionaria do servizo municipal de augas informou esta mañá ao Concello sobre unha estafa a veciños da cidade utilizando o nome de Espina& Delfín. Trátase duns falsos cobradores que se presentan en domicilios de particulares requirindo o pago en man de 170 euros en concepto de renovación do contrato de subministro ou para evitar o corte do mesmo. A concesionaria informa á poboación que nunca fai cobros a domicilio, polo que en caso de recibir a visita destes individuos, prégase aos veciños que non fagan ningún pago e que dean parte á propia empresa (986 51 21 00) ou á Policía.
23.05.2017.- Segundo informaron dende Espina, foron varios abonados os que alertaron deste novo intento de estafa que se rexistrou principalmente na zona da Avenida Rosalía de Castro e algún incluso chegou a pagar a cantidade que lle requirían estes falsos cobradores.