_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As festas de Santa Rita arrancan coa Feira Celta e o concerto de Pacho Flores & Jesús “Pingüino” González

As festas de Santa Rita arrancan mañá venres pola tarde con actividades para todos os gustos e para todas as idades. A maiores dos actos relixiosos e a romaría na zona monumental de Vista Alegre, a xornada contará con apertura e as numerosas actividades previstas na Feira Celta no Parque da Xunqueira, un concerto internacional no Auditorio a cargo dos músicos venezolanos, Pacho Flores e Jesús “Pingüino” González” e a tradicional verbena a cargo da Orquestra Ache.
18.05.2017.- A Feira Celta contará este ano coa 65 postos. Abrirá as súas portas ás cinco da tarde, momento no cal comezarán a desenvolverse os obradoiros e demostracións de oficios antigos. Ás seis e media está prevista un espectáculo de maxia e malabares e unha hora despois o tallista da feira amosará ao público como se traballaba antigamente a madeira. Media hora despois un obradoiro onde os máis activos poderán aprender o uso manexo da pedra celta denominada “quiastolita”. A continuación haberá unha demostración de cestería e ás nove e media un espectáculo de fachos de lume e a representación dunha voda celta. O fío musical durante toda a tarde e pola noitiña correrá a cargo do grupo Os Gascones.

O grupo de gaitas da asociación cultural Nosa Señora da Xunqueira será o encargado de realizar o pasarrúas para anunciar polas rúas da cidade que xa comezaron as festas de Santa Rita.

Prestixiosos músicos de recoñecemento internacional

A música internacional chega ás 21:00 horas ao Auditorio da man dos prestixiosos músicos venezolanos Pacho Flores & Jesús “Pingüino” González que ofrecerán un concerto de trompeta e guitarra organizado a través da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía en colaboración coa Concellería de Cultura. Os socios da Filarmónica poderán asistir de balde a este interesante concerto e o demais público deberán pagar unha entrada de 6 euros. Trátase dunha oportunidade única de poder gozar da música destes dous virtuosos da música de raíz popular.

A primeira xornada festiva de santa Rira rematará pola noite coa verbena que ofrecerá a Orquestra Ache na Rúa Alexandre Bóveda (fronte a Praza de Abastos).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -