_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Dezaseis colectivos participarán este ano na Festa dos Maios

Dezaseis colectivos participarán este ano na festa dos Maios que se celebra o vindeiro luns, 1 de maio, como marca a tradición. A Concellería de Cultura xa ten todo organizado para exhibir no parque Miguel Hernández os traballos florais elaborados polos grupos, a maioría dos cales tamén interpretarán as tradicionais coplas satíricas durante a celebración.
26.04.2017.- Entre os colectivos participantes atópanse 8 ANPAS (Vagalume, O Año Pitaños da Galiña Azul, Dr, Fleming Anexo A Lomba, Rosalía de Castro, Alonga do CEIP Arealonga, San Franscico, A Escardia e O Piñeiriño) o colexio de Rubiáns e a Escola Unitaria de Aralde-Sobrán, 4 asociacións e colectivos culturais (Malveiras, Gato Negro, Os Tres Castros e Lumarada de Cornazo), a Residencia Divina Pastora o o grupo Os de Cinco.

Á excepción deste último, que presenta cun traballo floral, todos os demais participantes achegarán varios maios dentro das cinco categorías establecidas nas bases: maio cónico, artístico, cruz de maio, caixas e barcos. O número total ascende a 63 composicións florais.

Como se sabe, en Vilagarcía a festa dos Maios non ten carácter competitivo dende hai anos,senón que se lles concede unha achega económica a todos os participantes. Esta media adoptouse co obxecto de fomentar unha tradición que corría o risco de perderse e que, por sorte, rexurdio con forza como demostra a elevada participación que se está rexistrando nos últimos anos.

Os premios máis elevados correspóndense cos maios máis laboriosos e de maiores dimensións, como son os cónicos e artísticos. En ámbolos dous casos as axudas son de 80 euros para participantes que non acheguen letras. A os grupos que leven coplas daráselles 100 euros se suman un mínimo de 10 integrantes e 200 euros se son grupos de máis de 25 compoñentes.

Para as categorías de maios máis pequenos, como a cruz de maio, caixas e barcos, establécense axudas de 30 e 40 euros para os que participen sen copla e de 50 e 60 euros paras os que si acheguen letra e que deberán contar cun mínimo de 4 membros no grupo.

A festa comezará as 11 do mediodía e ao longo da mañá produciranse as actuacións dos grupos que interpretarán as composicións musicais que levan preparadas. Os maios permanecerán expostos no Parque ata última hora da tarde para que poidan ser admirados polo maior número de persoas. En caso de choiva a actividade trasladarase á Praza da Peixería.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -