_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello ordena cortar a conexión do circo aos servizos municipais por carecer de licenza

O Concello de Vilagarcía ven de ordenar o corte da conexión aos servizos públicos mediante os cales se pretendía abastecer o circo que se pretende emprazar nun solar da Escardia. A instalación e realización deste tipo de espectáculos precisa obter permiso municipal, segundo establece a Lei 9/2013 de Emprendemento, precepto do que a promotora do circo carece, razón pola cal tampouco se lle pode permitir o enganche ás redes de servizos públicos como o subministro de auga, saneamento ou electricidade.
25.04.207.- Esta nova resolución do Concello adóptase tras o caso omiso feito polo promotor do Circo Vienna Roller –que inclúe números con serpes e crocodrilos- ás advertencias realizadas onte polo Concello e por parte da Policía Local, insistíndoselle, tal como xa se lle comunicara previamente tanto ao empresario como aos propietarios do solar, en que Vilagarcía e un Concello libre de espectáculos que usen animais segundo o acordo da XGL do ano 2015. Pese a isto, o promotor, saltouse a barreira policial, conectouse ás redes de subministro de servizos públicos e comezou a levantar a carpa. O goberno local confía en que os promotores do espectáculo acaten as ordes municipais ou pola contra aplicaranse as medidas sancionadoras que correspondan.

O apartado C do artigo 41 da Lei de Emprendemento, no capítulo III Relativo a “Espectáculos públicos e actividades recreativas”, define como “actividades sometidas a licenza ou autorización” a “celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, aos que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles”. Este é o caso do devandito circo, e dado que carece do permiso cuxa concesión corresponde ao Concello, consecuentemente unha actividade que non está autorizada non pode conectarse aos servizos públicos.

A administración local dou traslado da orde de corte do subministro á empresa concesionaria da Auga, Espina e Delfín, advertindo que se trata dunha actividade sen permiso. No mesmo sentido se remitiu a orde a Fenosa, advertindo ademais da perigosidade que reviste para peóns e vehículos a precaria instalación realizada polo circo que dende a conexión ao poste de Fenosa tendeu un cable polo aire atravesando a vía pública para sostelo a un mástil suxeito a un camión e dende aí levalo ao solar onde pretende montar a carpa.

A empresa circense tampouco ten permiso para conectarse á rede municipal de saneamento, e o Concello tamén ordenou a retirada das rúas da cidade de toda a publicidade sobre este espectáculo.

Mostras de apoio, resolución da Comisión Europea e xurisprudencia

Por outro lado, o Concello recibiu ao longo desta mañá diversos correos electrónicos e mostras de apoio por parte de asociacións e colectivos que defenden o Circo sen Animais. Ademais das da Asociación protectora de Animais de Vilagarcía, ao mail da Alcaldía chegou tamén o agradecemento e apoio do colectivo integrado polas entidades de apio animal ANDA, FAADA, AnimaNaturalis, Born Free Foundation e AAP Primadomus. Este colectivo tamén remite unha resolución da Comisión Europea, o posicionamento da Federación de Veterinarios de Europa e xurisprudencia avalando a competencia municipal para prohibir a celebración de espectáculos que usan animais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -