_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O campo de fútbol de Berdón disporá dun terreo de 3.000 metros cadrados para usar como aparcamento

Os problemas de tráfico e de falta de aparcamento que se repiten cada fin de semana nos accesos ao campo de Berdón desaparecerán en breve grazas ao acordo acadado polo Concello para dispor dunha parcela de 3.000 metros cadrados anexa ás instalacións deportivas para ser utilizada como estacionamento. As xestións realizadas polo goberno cos propietarios deron o seu froito e nas vindeiras semanas asinarase un convenio para plasmar legalmente o acordo.
20.04.2017.- O convenio será similar aos xa asinados con propietarios da Escardia, do Piñeiriño e a avenida de Cambados, nos que o Concello paga aos donos un aluguer simbólico similar ao concepto do IBI deses terreos. No caso de Berdón, o convenio terá unha duración indefinida, polo que prorrogarase anualmente ata o momento no que algunha das partes pida a súa rescisión.

Unha vez formado o convenio, o Concello terá que proceder á limpeza da parcela na que actualmente hai arbustos e maleza e explanar os terreos para que os vehículos poidan estacionar sen complicacións. Calcúlase que este párking teña unha capacidade de entre 150 e 175 prazas.

O alcalde, Alberto Varela, apuntou que este acordo, así como o que facilitará o ensanche da rúa de entrada á Torre dende Os Durán, colma dúas demandas históricas dos veciños da zona na que o goberno levaba meses traballando e que agora, por fin, se poderán atender. Varela recoñeceu que “gustaríanos que este tipo de cousas puideran facerse con maior rapidez, pero as negociacións e os trámites legais levan o seu tempo, e tamén hai que ter en conta que Vilagarcía é moi grande e que non se pode resolver todo á vez en todos os lugares do municipio, aínda que seguiremos dando pasiño a pasiño para atender o que os veciños nos piden”.

Por último o rexedor agradeceu a boa disposición e a colaboración amosada polos propietarios do Pazo da Golpelleira -a quen pertencen os terreos nos dous casos, para chegar a un acordo do que non sacan maior beneficio que aforrarse os custo do IBI, que para o Concello supón un custe moi baixo e que, sen embargo repercute de forma moi importante en beneficios á colectividade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2017  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -