_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
XUVENTUDE
A mocidade poderá formarse sobre novidades tecnolóxicas no obradoiro “APPtualízate!”

A Concellería de Xuventude `por en marcha en maio unha nova acción formativa destinada a persoas de entre 18 e 35 anos. Neste caso trátase do obradoiro sobre novidades tecnolóxicas que leva por título “APPtualízate!” e no que o deseño de aplicacións para móbiles será un dos temas principais a abordar dada a súa crecente demanda e como importante nicho de laboral que supón. O curso é gratuíto e os interesados poden inscribirse ata o 28 de abril nas dependencias da Concellería de Xuventude. As prazas son limitadas.
19.04.2017.- O obradoiro contará con 25 horas lectivas e impartirase durante 5 xornadas (os días 3, 4, 5, 11 e 12 de maio) en horario de 9 a 14 horas na aula CEMIT do centro de formación da rúa Matosinhos. As correrán a cargo de monitores da Asociación Socioeducativa e Cultural O Núcleo.

A través da iniciativa “APPtualízate!” o alumnado ampliará os seus coñecementos específicos no manexo de diferentes ferramentas informáticas moi utilizadas actualmente. Non é preciso contar con formación específica previa para poder asistir, xa que o curso está dirixido a persoas con nivel básico de coñecementos informáticos. Ademais, os contidos prácticos primarán sobre os teóricos.

A principal temática a abordar será o Deseño de APPs, aínda que tamén se tocará o tema de programación robótica, realidade virtual e aumentada e modelado e impresión 3D.

A actividade programada pola Concellería de Xuventude entra na súa liña de acción formativas aplicables á mellora da empregabilidade e á busca de saídas profesionais. Para a realización deste curso en concreto, o departamento que dirixe Sonia Outón, solicitou unha subvención a través do Plan Concello 2017 da Deputación Provincial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2017  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -