_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O Campamento Urbano de Verán contará este ano con Plan Madruga, ademais do servizo de comedor

O Concello segue ampliando a carta de servizos dos Campamentos Urbanos de Verán co obxecto de cumprir na súa totalidade o obxectivo de conciliación para o que foi concibido e para adaptalo ao máximo ás necesidades das familias. Por iso, despois de que hai dous anos o actual goberno decidise dotar aos campamentos do servizo de comedor, este verán complétanse coa opción do Plan Madruga. Os campamentos desenvolveranse os meses de xullo e agosto cunha capacidade de 100 prazas para nenos e nenas de entre 3 e 7 anos. O prazo de inscrición vai do 28 de marzo ao 7 de abril.
23.03.2017.- Os Campamentos Urbanos de Verán son un programa de conciliación laboral, polo que só poderán acceder ao mesmo as unidades familiares cuxos proxenitores (ou proxenitor en caso de familias monoparentais) estean traballando o cursando formación regrada no mesmo horario no que se desenvolve o servizo municipal. Os destinatarios dos campamentos son nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2013.

Unha hora antes para os madrugadores
O programa funcionará de luns a venres os meses de xullo e agosto nas dependencias do CEIP A Escardia. Os campamentos terán un horario de 9 a 14 horas e o comedor de 14 a 15 horas. Os horario de entrada no campamento será de 9 a 9.30 e a saída efectuarase entre as 13.30 e as 14 horas. A recollida dos nenos que asistan ao comedor será ás 15 horas. Non obstante, e como consecuencia da novidade deste ano, as familias que o precisen debido ás súas obrigas laborais, poderán deixar aos nenos unha hora antes na modalidade do Plan Madruga que comezará ás 8 da mañá.

A organización dos Campamentos Urbanos de Verán e corre a cargo das concellerías de Xuventude e de Benestar dende que hai dous anos se puxo en marcha o servizo optativo de comedor como complemento á actividade conciliatoria e socio educativa. O Concello fai un importante esforzo económico para que as familias máis necesitadas poidan acceder ao programa alimenticio a un custe reducido ou incluso de xeito gratuíto, asumindo Ravella o pago das bonificacións e descontos que se conceden aos beneficiarios.


Co obxecto de que as familias poidan axustar o mellor posible as súas obrigas e vacacións laborais co período vacacional dos escolares, poderán optar por acudir aos campamentos os dous meses, só un mes, ou elixir por quincenas. A cota a pagar é proporcional ao período. Tanto o Plan Madruga como o Comedor son servizos complementarios optativos.


Cotas, bonificacións e descontos ata a gratuidade

Co obxectivo de que poidan acceder ao servizo todas as familias que o precisen independentemente da súa situación económica, establécese unha baremación por nivel de renda. A cota xeral por asistencia aos campamentos é de 200 euros polos dous meses, 100 por un e 50 por quincena, establecéndose bonificacións en función da renda per cápita mensual familiar referida ao IPREM. Os descontos poden ser do 50% e ata do 100% para as familias cuxos ingresos sexa inferiores ao 80% deste nivel, ás que lles sairía gratis o servizo.

Ademais, existen descontos dun 20% por familia numerosa ou monoparental e tamén nos casos nos que participen no programa máis dun irmán, aínda que estas tres situacións non serán acumulables.

A cota máxima do comedor é de 5 euros día, prestándose o servizo de xeito gratuíto a aquelas unidades familiares con rendas per cápita mensual inferior ao 80% do IPREM.

Prevención de riscos e protección da infancia

Ademais da conciliación, os campamentos urbanos teñen un marcado carácter social e preventivo de situacións de risco e de protección á infancia. Por iso, como na edición anterior, resérvase o 25% das prazas para casos que formen parte Programa de Educación Familiar e Apio familiar da Concellería de Benestar. Ademais terán total preferencia ao servizo aos fillos e fillas de nais en situación de violencia de xénero.

As bases dos Campamentos foron aprobadas esta semana pola Xunta Local de Goberno. O documento (no que figuran todos os requisitos a cumprir polos interesados, así como a documentación a presentar e o sistema de baremación) poderá consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal ou na Concellería de Xuventude.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -