_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
BIBLIOTECAS
A Biblioteca dedica o Día da Poesía ao aniversario de Rosalía cun acto infantil e un recital para adultos

Como é habitual dende hai anos, Vilagarcía conmemora o 21 de marzo o Día da Poesía con actos organizados pola Biblioteca Municipal Rosalía de castro. Nesta ocasión, para a xornada de mañá, o centro emprazado na Rúa Rey Daviña dedicará a data a celebrar o 180 aniversario de Rosalía de Castro, por iso, coincidindo coa clausura da exposición sobre a poetisa que se exhibe no centro dende hai semanas, Pola mañá haberá unha actividade de animación á lectura para escolares e pola tarde un recital para adultos.
20.03.2016.- A actividade infantil terá lugar no vestíbulo da Biblioteca ás 11 horas e contará coa asistencia dun grupo de alumnos e alumnas de 4º curso de Primaria do CEIP A Escardia. A actividade leva por título Rosalía cumpre 180 anos! Queres celebralo con ela? A actriz María Torres será a encargada de dirixir o acto. Caracterizada como a escritora, permitirá ao público coñecer unha animosa Rosalía que ri, que xoga e que canta a Galicia.

Rosalía, en constante diálogo co público, conta detalles da súa vida, dos seus fillos e da súa paixón, a poesía, ao tempo que propón distintos xogos de creación literaria. Entre obradoiro e narración, esta actividade fomenta a lectura poética e a creación literaria a través de dinámicos e amenos xogos: recitados, caligramas, sinxelas dramatizacións que dan vida aos versos, etc.

Xa pola tarde, a partir das 19 horas, o vestíbulo da Biblioteca volverá a abrirse ao público para acoller o recital que organiza o grupo poético “A Mesa das Verbas” coa colaboración da Biblioteca e da Concellería de Cultura. Será unha homenaxe a Rosalía na que as persoas que o desexen poderán recitar algúns dos versos escritos pola poetisa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -