_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Eptisa entrega o documento de inicio do PXOM, como comprometera co alcalde

Tal e como se comprometeran o xerente e técnicos de Etpisa trala reunión do pasado 3 de febreiro, a consultora anunciou que mañá xoves entregará no Concello o denominado Documento de Inicio do Plan Xeral. Antes de convocar aos distintos grupos municipais para entregarlle unha copia da documentación, recibir as explicacións dos técnicos redactores e constituír a "comisión de seguimento" que acompañará toda a tramitación ata a aprobación final do PXOM, o alcalde quere dar uns días aos técnicos municipais para que revisen toda a documentación presentada, comprobando así si todas as modificacións propostas no seu día están debidamente reflectidas.
15.03.2017. Se todo está correcto, o alcalde, Alberto Varela, convocará aos cinco grupos políticos da Corporación, probablemente na semana do 27 ao 31 de marzo. En definitiva, se retomarán as cousas onde se deixaron hai tres meses, cando a finais de decembro houbo que suspender a reunión prevista tralos problemas internos de Etpisa como consecuencia da compra da consultora por un grupo chinés.

Despois das xestións feitas polo alcalde, a consultora decidiu non só seguir adiante cos traballos, senón consideralos "prioritarios" na nova axenda da empresa e, por suposto, garantindo –como esixiu Alberto Varela- a continuidade dos profesionais incluídos no contrato co Concello (arquitectos, enxeñeiros, economistas, arqueólogos, etcétera). O compromiso parece evidente: en febreiro anunciaron que a mediados de marzo entregarían os traballos e mañá é día 16.

Unha vez que os grupos reciban a información terán un tempo para presentar as suxestións que consideren oportunas, que poderán ser incluídas no documento antes de que este sexa remitido á Xunta para o correspondente ditame de viabilidade medioambiental, que á súa vez depende de distintos informes sectorais. Recibido aquel e incluídas as modificacións que correspondan, será cando se poida elevar ao pleno para a aprobación inicial. O goberno local confía en que isto poida producirse a finais do verán, aínda que é moi difícil precisar a data ao depender de informes e alegacións políticas que poden levar a novas modificacións e novos ditames da Xunta de Galicia.

En calquera caso, a partir da aprobación inicial se abrirá a exposición pública, na que os veciños poderán as alegacións que consideren oportunas. Despois será o momento de informalas e incorporalas, cando sexa o caso, ao documento inicial, que pasaría á aprobación provisional. A aprobación definitiva corresponde á Xunta.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -