AVISOS
Ábrese o prazo de inscrición nos obradoiros para persoas maiores “Activa o corpo, Activa a mente” A Concellería de Persoas Maiores pon en marcha no mes de marzo unha nova edición dos Obradoiros Activa o Corpo, Activa a Mente de prevención da dependencia. Este programa conta cunha grande aceptación por parte do colectivo ao que vai dirixido xa que nas sesións realízanse terapias cognitivas, físicas e duais que inciden de xeito moi positivo no benestar dos maiores e na mellora da calidade da súa vida mediante a autonomía persoal. Trátase dunha actividade gratuíta na que poderán participar 40 persoas. O prazo de inscrición ábrese o mañá, 8 de marzo e os interesados poderán anotarse ata o día 16 nas oficinas da concellería.
07.03.2016.- O obradoiros impartiranse dende mediados de marzo ata finais de xuño en unha sesión semanal de dúas horas de duración a celebrar os venres no Auditorio. Dado que se ofertan 40 prazas, faranse dous grupos de 20 persoas cada un. As sesión dun dos grupos serán en horario de 16 a 18 horas e o doutro de 18 a 20 horas.