EMPREGO
O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a selección de 10 Auxiliares de Policía para a temporada de verán O Concello de Vilagarcía pon en marcha o procedemento para a contratación de 10 Auxiliares de Policía no marco da campaña de verán que subvenciona a Xunta de Galicia para os municipios turísticos. O prazo para inscribirse nas probas ábrese mañá, 2 de marzo. O proceso de selección realizarase polo sistema de oposición libre e os contratos Terán unha duración de 4 meses. As instancias poderán presnetarse ata o día 16 de marzo, incluído.
01.03.2017.- Tanto o anuncio da convocatoria como as bases que regularán as probas de selección pódense consultar no taboleiros de anuncios da web municipal o unas dependencias municipais de Ravella.
Segundo a solicitude cursada polo Concello á Xunta de Galicia as contratacións dividiranse en dous períodos para unha mellor cobertura do servizo policial. Cinco auxiliares disporán de contrato do 1 de abril ao 31 de xullo e os outros cinco do 1 de maio ao 31 de agosto.