_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O proxecto orzamentario do goberno reserva 5 millóns de euros para gasto exclusivo en políticas sociais

O proxecto orzamentario elaborado polo goberno de Alberto Varela para 2017 destina un gasto de 5 millóns de euros para financiar políticas e programas de acción social, un 4% máis que no exercicio anterior. O documento que se someterá o xoves á decisión do Pleno incrementa os fondos dos programas sociais máis demandados polos cidadáns, especialmente polos máis desfavorecidos, como as becas para estudos superiores, as axudas á escolarización en Infantil, os programas de fomento do emprego e o apartado de axudas de emerxencia.
Un dos incrementos máis importantes é o das becas para estudantes universitarios e de ciclos superiores de FP quen pasan dunha dotación de 20.000 euros en 2017 a 52.000 para 2017. Este programa de axudas para familias con menos ingresos foi posto en marcha polo goberno socialista o ano pasado co obxecto de que as dificultades económicas que están atravesando moitas familias no impedise que os seus fillos puidesen continuar formándose, para o cal se concedían becas de 400 euros por alumno. Nesa primeira convocatoria accederon ás axudas 97 estudantes.

A mesma boa acollida tiveron as axudas para a compra de material escolar en Educación Infantil , tamén concedidas baixo criterios de ingresos económicos, e que ascenden a 60 euros por alumno. A elevada demanda de familias que cumprían os requisitos económicos, fixo que se concederan un total de 237 subvencións, polo que pasado ano xa foi preciso incrementar a partida e 8.000 euros inicialmente prevista. Este ano, a dotación xa se eleva a 10.000 euros.

Outra das liñas de actuación nas que o goberno que preside Alberto Varela puxo especial énfases nos seus primeiros orzamentos foi a de fomento do emprego, apostando polo plan de axuda a emprendedores e creando unha nova liña de axudas á contratación. A través da primeira subvencionáronse 21 novos negocios e da segunda 11 novos contratos. A suma reservada para este ano increméntase en 52.000 euros máis, co que se poderán beneficiar moitas máis persoas.

No apartado de axudas de emerxencia, o proxecto orzamentario de 2017 reserva 225.000 euros para axudas de emerxencia social, 30.000 euros para axudas ao pago de hipotecas e a bolsa de 90.000 euros comprometida polo goberno socialista no pleno de modificación de ordenanzas fiscais para axudar no pago do recibo do IBI a quen non poida asumilo.

O Servizo de Axuda no Fogar contará con 547.422 euros prevese unha partida de 90.150 euros para financiar actividades de acción social como o programa Conciliatardes, o Xantar na Casa, o de Teleasistencia e o de Intervención con Familias en Situación de Emerxencia, entre outros; así como os cursos de obtención de carné de conducir como ferramenta para mellorar as posibilidades de emprego de persoas en paro.

Outra das liñas pola que se caracteriza a xestión do executivo socialista é a de colaboración e apoio ás entidades sociais sen ánimo de lucro que complementan os servizos e accións que realiza o Concello a favor dos máis desfavorecidos. Para contribuír ao financiamento das entidades disporase de 162.700 euros, aos que hai que engadir a partida de 10.000 euros para a sinatura do convenio para o desenvolvemento de dous novos plans de emprego a través da ONG Acción Contra a Fame. Esta partida tamén se incrementa respecto aio ano pasado no que só se realizou unha iniciativa.
A parte de acción social compleméntase coas partidas das áreas de Persoas Maiores e de Igualdade. Na primeira, resérvanse 6.000 euros para as axudas ao transporte destinadas ao pensionistas, e 20.000 euros máis para a realización de actividades como os Obradoiros de prevención da dependencia, excursións para o colectivo de maiores e a tradicional Romaría.

E no que respecta a Igualdade, destínanse 49.075 euros para financiar a asistencia xurídica que se presta a través do CIM, actividades de formación e para mulleres vítimas de violencia machista, así como para a reactivación do banco do tempo.

Na liña dos grupos progresistas

O goberno local considera insiste en que esteas cifras demostran o elevado contido social do proxecto dos orzamentos municipais para 2017 e que se trata dun documento “no que as persoas son o primeiro” , polo que espera contar co respaldo do mesmo por parte dos grupos progresistas da Corporación “xa que así poderemos seguir axudando aos colectivos que máis o precisan”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -