_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Concello e acción Contra a Fame poñen en marcha a segunda edición do programa de busca de emprego

Despois do éxito da primeira edición do “Vives Emprega”, o Concello de Vilagarcía volve a apostar polo programa de busca de Emprego que desenvolve a ONG Acción Contra a Fame. A concellería de Benestar colaborará na posta en marcha da segunda edición da iniciativa na que poderán participar 25 persoas desempregadas de entre 18 e 60 anos de idade e con dificultades de inserción socio laboral. Os interesados en participar no programa que se desenvolverá entre marzo e agosto deben inscribirse a través do mail smgalvez@accioncontraelhambre.org o do teléfono 619 519 520. Acción Contra a Fame seleccionará aos participantes que reúnan o perfil.
26.02.2017.- O obxectivo do programa “Vives Emprega” é promover a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas para o emprego, poñendo en valor el talento y la iniciativa de las persoas participantes para mellorar a súa situación persoal e o entorno que lles rodea.

Vives Emprega diríxese a aquelas persoas desempregadas que se atopan nunha situación máis complicada para encontrar traballo. Deben de estar inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, e darase prioridade de participación a aqueles que se atopen, polo menos, nunha das situacións seguintes: vir derivados polo Servizos Sociais ou outras entidades sociais; ser perceptor da Renda Mínima de Inserción (RISGA); levar no paro 2 anos ou máis; ter nivel de estudios Primarios; non contar con estudios regrados nin con cualificación profesional; ter cumpridos os 45 anos; contar cunha discapacidade recoñecida a partir do 33%; ser vítima de violencia ou abuso, ser responsable en solitario dun menor ou ter dependentes ao seu cargo; así como ter medidas xudiciais executadas ou pendentes.

O itinerario Vives Emprega consiste na creación de equipos de traballo nos que os participantes mellorarán as súas habilidades sociais e as súas competencias para o emprego a través de sesións grupais, sesións personalizadas, creación de redes e posicionamento no contexto directo.

Os equipos de traballos contarán coa figura dunha coordinadora que guiará ao grupo e levará a cabo as sesións individuais cos participantes, ademais de acompañar ao equipo na busca de solucións creativas e de poñer a súa disposición as ferramentas necesarias para acadar e os seus plans e poñelos en marcha.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -