_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O goberno propón ampliar os termos dos convenios pola xestión dos centros socioculturais

Os grupos da Corporación Municipal celebraron hoxe a segunda reunión de traballo para avanzar na redacción da nova ordenanza de uso e funcionamento das instalacións culturais. Horarios, composición da comisión de seguimento ou termos dos convenios a asinar coas asociacións que xestionen os centros foron algúns dos puntos abordados no encontro celebrado este mediodía.
16.02.2017.- Na reunión participaron por parte do goberno local a concelleira de Cultura, Sonia Outón, e a voceira, Tania García; mentres que por parte da oposición asistiron Rocío Llovo polo PP, Xavier Ríos polo BNG e Gaspar Somoza, por Somos Maioría; coa única ausencia de representantes de EU. As representantes do executivo deron conta aos demais concelleiros do resultado da reunión coas entidades celebrada o martes, na que se lles proporcionou copia da actual ordenanza e do documento alternativo a afectos de que as analizase. Tamén se lles informou da data do novo encontro coas asociacións que terá lugar o 15 de marzo, para presenten xa as súas suxerencias. Tame´n se lles comentou qyue xa está convocada unha xuntanza cos usuarios dos locais de ensaio para abordar tamén con eles os posibles cambios a introducir na ordenanza.

Como xa se dixo, a redacción da nova ordenanza collerá como base o documento alternativo elaborado polas asociacións en 2013. Partindo de aí, os representantes da Corporación avanzaron hoxe na definición de varios puntos. O primeiro o establecemento dos horario de apertura e funcionamento dos centros socio culturais e demais instalacións culturais municipais, atendendo sempre á realidade e necesidades específicas.
O goberno fixo unha proposta de composición da comisión de seguimento que estaría presidida polo alcalde, ou persoa na que delegue, o concelleiro/a de Cultura e un membro de cada un dos grupos con representación na Corporación. Tamén formarían parte deste órgano unha representación das asociacións usuarias dos centros municipais e do Consello Local da Cultura, aínda que non se chegou a concretar o número.

Tamén a proposta do goberno planteouse a necesidade de ampliar o contido dos convenios a asinar coas asociacións que se encarguen de xestionar os centros co obxectivo de que dispoñan de máis axuda. A idea é que, ademais de recoller os gastos pola limpeza das instalacións, os colectivos tamén poidan financiar a compra de equipamentos ou material para a actividade propia do centro. O goberno socialista xa puxo en práctica esta ampliación nos convenios de 2016, pero agora queren que quede perfectamente definida e recollida na nova ordenanza.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -