_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde visitou a Laxe e Aldea de Arriba para recoller as necesidades dos veciños

O goberno de Vilagarcía continua co calendario de visitas ás parroquias e lugares do municipio. O alcalde desprazouse onte pola tarde a Aldea de Arriba (Cea) e a semana pasada á Laxe para reunirse cos veciños, recoller as súas demandas e comprobar en primeira persoa o estado destas zonas. En ámbolos dous casos acudiu acompañado por membros do seu equipo de goberno.
15.02.2017.- Dúas horas e medias durou a visita de onte a Aldea de Arriba, onde Varela e a concelleira de Urbanismo Paola María, percorreron a zona acompañados dunha representación dos veciños, xa que no lugar non hai constituída ningunha asociación. As principais necesidades trasladadas polos habitantes de Aldea de Arriba referíronse á limpeza de camiños, á instalación dalgún punto máis de luz e a posibilidade de mellorar a estanquidade do lavadoiro; pero tamén se interesaron polo proxecto a Vía Verde, proxecto que consideran beneficioso para a zona e que arranca moi preto deste lugar limítrofe con Rubiáns. De feito, plantearon ao rexedor a posibilidade de estender o trazado desta senda pu complementala con outra que pase por Aldea de Arriba.

No marco deste mesmo programa de visitas ao rural e zonas da periferia, o goberno local tamén mantivo a semana pasada unha xuntanza coas asociacións de veciños da Laxe. Neste caso, o alcalde acudiu ao centro veciñal acompañado do concelleiro de relacións veciñais e Obras, Lino Mouriño. A principal necesidade apuntada polos representantes da asociación Contra Vento e Marea e o colectivo de mulleres rurais centrouse no propio centro veciñal. Dado que non se tratan de instalacións de titularidade municipal, os colectivos solicitaron a colaboración do Concello para labores de mantemento, así como para a compra de calefactores para paliar o frío que pasan en inverno no local.

Tamén pediron que as labores de limpeza e mantemento da canteira realizadas o pasado ano se establezan cunha periodicidade anual para evitar o mal estado no que se atopaba con anterioridade a esta actuación.
Por último, apuntaron a necesidade de instalar sinales de “paso preferente” en dúas rúas moi estreitas do barrio e a posibilidade de adecentar a fonte situada na denominada Rúa da Fonte.

Tanto no caso de Aldea de Arriba como da Laxe, o goberno tomou nota das demandas co obxecto de ir executándoas na medida das súas posibilidades e así que estean aprobados os orzamentos de 2017.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -