_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Os clubs deportivos poden solicitar a partir de mañá as subvencións da Fundación Municipal

A Fundación Municipal de Deportes anuncia que os clubs do municipio poden presentar a partir de mañá, 14 de febreiro, e ata o 6 de marzo, as solicitudes de subvención que concede o organismo vilagarcián. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria das dúas liñas convocadas polo organismo que preside Argimiro Serén, a de axudas ao deporte federado e á destinada ao financiamento de eventos deportivos extraordinarios.
13.02.2017.- A Fundación de Deportes xa remitiu aos clubs hai semanas as bases das convocatorias a efectos de que os interesados puideran ir reunindo a documentación requirida a efectos de dispor de toda no momento de que se abrise o prazo.

Máis fondos

Por segundo ano consecutivo, a Fundación incrementou para 2017 a partida das subvencións para a organización de eventos e torneos deportivos extraordinarios. En total, este ano disporase de 30.000 euros, o dobre que o ano pasado, para colaborar coas entidades organizadoras nos custes dos eventos celebrados durante o ano 2016.

Para as axudas para fomento do deporte federado, a Fundación reserva para 82.000 euros, a mesma cantidade que o ano anterior, coa novidade recollida nos propios orzamentos de que, de sobrar cartos da liña de eventos extraordinarios, estes pasarán a engrosar os fondos para repartir entre os clubs federados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -