_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Cultura establece 24 premios para os participantes no Desfile de Disfraces e Carrozas de Vilagarcía

.- A Concellería de Cultura abre mañá, 14 de febreiro, o prazo de inscrición no Desfile de Disfraces e Carrozas do Martes de Carnaval. S bases do concurso establecen un total de 24 premios divididos nas diferentes modalidades das categorías infantil e de adultos. A dotación orzamentaria do evento é de 4.125 euros. Os interesados en participar deben inscribirse nas dependencias de Cultura, no Auditorio, dende mañá e ata as 12 do mediodía do martes 28 de febreiro, día da celebración do desfile.
13.02.2017.- Tanto na categoría infantil como na de adultos establécense as modalidades de grupos de ata 20 membros, grupos de máis de 20 membros, parellas e individual. En cada un destes apartados establécense tres premios. As bases que regulan o concurso están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal. Nelas indícase os requisitos a cumprir polos participantes e as normas de regulan o evento.

Entre as máis importantes a ter en conta son as medidas dos das carrozas, camio´ns, ou vehículos que poidan concorrer ao certame, que deben axustarse ás que figuran nas bases co obxecto de que non exista problema á hora de circular polas rúas do percorrido. No caso de levar vehículos, deben contar cos seguros correspondentes.

Os premios concederanse en base ao fallo do xurado que, de incógnito, repartirase por diferentes puntos do percorrido. Entre outros criterios, valorarase especialmente a animación, espectacularidade, orixinalidade, espontaneidade, conxunción e animación musical dos participantes.

O desfile partirá ás 17:00 horas do martes de Entroido (28 de febreiro) da Rúa Alexandre Bóveda (Praza de Abastos). Como é habitual, o falo do xurado farase público no transcurso do baile que se celebrará ao remate do desfile na Praza da Peixería.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -