_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno convoca aos colectivos usuarios dos centros culturais para abordar a redacción do novo regulamento

O goberno local de Vilagarcía segue dando pasos para avanzar a redacción e aprobación do novo regulamento de uso e funcionamento das instalacións culturais municipais. Para ir adiantando e non demorar máis do preciso a aprobación do texto, a seguinte reunión a celebrar será cos colectivos e asociación usuarias das casa de culturas e centros culturais. Será o martes, a partir das 20:00 horas, no salón de Plenos, e o obxectivo e explicarlles as propostas existentes ata o de agora e recoller as súas impresións.
10.02.2017.- A concellería de Cultura comezou esta mañá a convocar ás asociación e colectivos que fan uso das 17 casas de cultura e centros culturais de titularidade municipal co obxectivo de recoller as súas opinións antes da seguinte reunión e traballo que manterán os grupos da Corporación o xoves para avanzar a redacción do novo regulamento.

Como se dixo onte, para elaborar o novo documento decidiuse coller como base a proposta consensuada no seu día polas propias entidades en oposición ao texto aprobado de forma unilateral polo anterior goberno do PP e co oposición frontal do resto dos grupos do Pleno e de todos os colectivos. O goberno considera que, independentemente de ampliacións ou melloras que se poidan introducir agora, partir do documento proposto polos propios colectivos supón xa un punto de arranque de consenso.

O regulamento deberá concretar as normas de uso e funcionamento dos centros culturais municipais, así como o sistema de xestión dos mesmos por parte das asociacións.

Na reunión do martes exporáselle aos colectivos a proposta do goberno socialista de crear unha comisión para encargarse de resolver os casos nos que haxa máis dun colectivo interesado na explotación dun centro. A comisión tería carácter decisorio e estaría composta por membros de todos os grupos da Corporación e unha representación dos colectivos e asociación. EU propuxo que tamén formase parte deste órgano unha representación do Consello Local da Cultura.

Asi mesmo, o executivo explicará ás asociación o sistema que propoñen para dirimir este tipo de casos e que consiste na valoración e baremación obxectiva dos proxectos que deberán presentar as entidades e nos que se recollerán aspectos como o programa de actividades a organizar no centro, o número de participantes e impacto das mesmas; así como outros aspectos relativos á traxectoria do colectivo ou número de socios, entre outras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -