_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
O Concello solicita a zona 30 para Juan Carlos I tras negarse o Estado a elevar o paso de peóns no cruce de Marxión

A demarcación de Carreteras del Estado denegou a solicitude de elevación do paso de peóns da avenida Juan Carlos I á altura do cruce coa Rúa Marxión. A medida demandouse tras varios atropelos rexistrados neste punto. Ante a negativa do Estado, a Xunta Local de Goberno acordou na reunión de onte solicitar como alternativa a implantación da zona 30 neste tramo de vía.
A demarcación de Carreteras argumenta a negativa a elevar o paso de peóns en que non se cumpren os requisitos establecidos nas Instruccións Técnicas para a Instalacións de Redutores de Velocidade, porque a avenida Juan Carlos I conta cunha IMD (intensidade media diaria) superior aos aos 5.000 vehículos.

Pese á decisión estatal, o Concello insiste na necesidade de tomar medidas que incrementen a seguridade dos peóns neste punto, advertindo que se trata dunha vía urbana densamente poboada e transitada e dun paso que da acceso a tres centros educativos (Centro Educación Especial, Anexo A Lomba e IES castro Alobre). Por iso o goberno volve a dirixirse á demarcación de Carreteras para que, conforme se recomenda no informe da Policía Local, se estableza como medida alternativa a implantación do límite de velocidade de 30 quilómetros por hora nesta avenida.

Conexión con Baión

Por outro lado, responsables da demarcación de Carreteras do estado en Galicia comunicaron ao Concello que xa comezaron os traballos tendentes á reapertura do acceso ao vial do Porto que comunica Rubiáns con Baión. A vía sufriu hai meses o desprendemento dunha gran rocha do talude e, ante o riscos de novos desprendementos, o Concello primeiro e logo Fomento –titular da vía- decidiron pechalo ao tráfico ata garantir a completa seguridade das paredes. Tras a realización dos estudos pertinentes, Carreteras comunicou esta semana o inicio dos traballos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -