_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Eptisa comprométese a presentar o documento de inicio do Pxom a mediados de marzo

A consultora Eptisa, contratada en 2008 para proceder á revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vilagarcía comprométese a ter listo o documento de inicio e o borrador do plan –planos e memorias- a mediados do mes de marzo e a darlle prioridade a este traballo. Así llo comunicaron os directivos e técnicos de Eptisa ao alcalde, Alberto Varela, a que pediron desculpas polos trastornos ocasionados cos cambios accionariais da empresa –en setembro foi adquirida pola chinesa ETSI e en decembro esta aplicou un ERE que afectou ao equipo técnico do plan- e confirmou a continuidade dos profesionais ao servizo do Concello (arquitectos, enxeñeiros, economistas, arqueólogos, etcétera).
03.02.2017. Despois da entrevista que mantivo o mércores o alcalde co xerente de Eptisa, hoxe o director do proxecto, o arquitecto Alfonso Botana, mantivo unha reunión de traballo co alcalde, a concelleira de Urbanismo, Paola María, e os técnicos do Concello a fin de concretar a folla de ruta que leve á aprobación inicial do Plan Xeral a finais do verán. Para que isto sexa posible, a consultora comprométese a entregar ao concello o documento de inicio e o borrador do plan a mediados de marzo.

Nesas mesmas datas, o goberno convocará de novo a reunión que tivo que ser suspendida o pasado 22 de decembro, precisamente o día en que se executou o ERE de Eptisa. Así pois, os grupos políticos da Corporación recibirán non só a documentación citada senón que recibirá cumprida información por parte dos técnicos respecto da proposta de ordenación e, consecuentemente, se creará a denominada comisión de seguimento do Plan, que desde ese momento estará ao tanto de cada un dos pasos a dar ata a aprobación definitiva.

Unha vez que os grupos reciban a información terán un tempo para presentar as suxestións que consideren oportunas, que poderán ser incluídas no documento antes de que este sexa remitido á Xunta para o correspondente ditame de viabilidade medioambiental. Recibido este e incluídas as modificacións que correspondan, será cando se poida elevar ao pleno para a aprobación inicial. A partir dese momento se abrirá a exposición pública, na que os veciños poderán as alegacións que consideren. Despois será o momento de informalas e incorporalas, cando sexa o caso, ao documento inicial, que pasaría á aprobación provisional. Como se sabe, a aprobación definitiva corresponde á Xunta despois de ter en conta os distintos informes sectoriais.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -