_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O concello reitera que a solución á xestión do bar do centro de Vilaxoán virá pola revisión do actual regulamento

Diante da reivindicación do Club de Remo Vilaxoán de optar á xestión do bar do centro sociocultural do Preguntoiro, o goberno local, recoñecendo lexítima a súa aspiración, volve a reiterar que a solución a este asunto virá da revisión do actual regulamento de uso dos centros culturais do Concello, aprobado en solitario polo goberno PP-IVIL en 2013 e que, neste aspecto concreto, nunca se chegou a aplicar.
01.02.2013.- Si nestes momentos a concesión está "en precario" é porque, como indica o seu propio nome, é unha medida provisional entretanto non se revisa ese regulamento e, polo tanto, se clarifican os criterios para a concesión dos bares ou cafeterías dos centros nos que estas instalacións existan. Como xa se dixo, a vindeira semana se convocará a todos os grupos políticos para revisar o regulamento, ao tempo que se solicitará das distintas entidades sociais e culturais que acheguen as súas propostas.

O que parece claro é que unha situación "en precario" non se pode resolver substituíndo unha concesión por outra –por exemplo, da asociación de veciños ao club de remo-, o que sería igual de presuntamente arbitrario que agora, ou ben pechar a cafetería temporalmente ata que se resolva este asunto. Hai que recordar, igualmente, que en 2013, cando o goberno anterior aceptou como "provisional" a concesión feita pola A. VV. para a xestión do bar mentres no se convocaba o concurso público, xa existía o Club de Remo, coas mesmas actividades e necesidades que agora esgrime, tres anos despois e cun novo executivo ao fronte de Ravella.

O goberno local non ten predilección nin pola asociación nin polo club de remo nin por calquera outra asociación ou entidade que poida aspirar a xestionar o centro. De feito, hai outros centros no termo municipal que son xestionados por varias asociacións ao tempo. En calquera caso, o goberno cree preciso subliñar que a xestión indirecta de calquera centro non só implica a explotación do bar, de existir, senón tamén o seu mantemento, que inclúe a limpeza, e o desenvolvemento de actividades socioculturais. Cales son os criterios a ter en conta –si unha ou varias entidades, por exemplo- é algo que terán que decidir os grupos políticos, tendo en conta que significa e para que se creou un centro sociocultural e tamén a opinión dos distintos colectivos.

En canto á petición do grupo popular sobre a documentación –económica e social- da asociación veciñal de Vilaxoán, o goberno local non pode menos que cualificala de "curiosa", por canto ese grupo gobernou durante catro anos e, despois de non aplicar o seu propio regulamento e de anunciar para xaneiro de 2014 o concurso para a concesión dos bares dos centros, vén agora a pedir documentación dunha entidade que non é municipal. O lóxico, argumenta o executivo de Alberto Varela, é que si ten tan tanto interese se dirixa á propia A. VV. e igualmente ao resto das entidades que poidan optar á xestión do centro cultural, que, como se dixo, vai máis alá que a explotación do bar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -