_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xerencia de Urbanismo concede as 16 primeiras licenzas para a instalación de terrazas hostaleiras

O Consello da Xerencia de Urbanismo concedeu esta mañá as primeiras autorizacións para a instalación de terrazas hostaleiras na vía pública conforme á ordenanza en vigor. Foron un total de 16 solicitudes as que foron aprobadas, conforme aos informes previos remitidos polos técnicos para constatar si os proxectos se axustaban aos preceptos e requirimentos da Ordenanza aprobada o ano pasado. Os titulares recibirán documento acreditativo da autorización (que deberá expoñerse en lugar visible da terraza) no momento no que abonen a correspondente taxa de ocupación.
01.02.2017.- Os 16 expedientes abordados hoxe polo Consello de Xerencia corresponden a locais de diferentes rúas do municipio, tanto do centro, como de zonas máis periféricas. Nesta primeira tanda de regularización, na rúa Méndez Núñez autorizáronse as terrazas de catro locais, na Avenida da Mariña de dous e na Baldosa de 3. Tamén obtivo permiso un local da Praza de Galicia, outro da Praza Ravella, un máis en Castelao e outro en Arapiles. Os restantes establecementos que viron aprobadas as súas solicitudes sitúanse na Rúa Moreira Casal, na Avenida López Ballesteros e na rúa Aquilino Iglesias.

En todos os casos, os proxectos presentados cumprían cos requirimentos recollidos na ordenanza de ocupación de vía pública con mesas e cadeiras, coa única excepción dun que sobrepasaba a superficie de ocupación para da rúa, pero que tamén se autorizou coas dimensións corrixidas e adaptadas á norma.

Tras os acordos de hoxe, as resolucións será comunicadas aos titulares indicándoselle que deberán liquidar a taxa correspondente en cada caso. Será nese momento cando se lles entregue a licenza e o cartel coas características da terraza autorizada e que deberán expoñer en zona visible do local.

Os servizos técnicos continúan revisando e informando as demais solicitudes presentadas para a regularización das terrazas co obxecto de levar outra tanda á próxima reunión do Consello da Xerencia.

Cómpre lembrar que o Concello contempla este ano a concesión, previa solicitude, dunha bonificación da taxa da terraza a aqueles hostaleiros que acrediten ter realizado investimentos para axustarse ás esixencias de condicións estéticas previstas na nova Ordenanza.

Por outra banda, os establecementos que non iniciaron os trámites de regularización non poderán continuar coa explotación das terrazas, tal como se lles está advertindo por escrito.

Non obstante, a presentación de solicitudes segue chegando ao Concello. Esta mesma semana presentáronse 3 novas peticións que deberán ser informadas polos servizos técnicos. O goberno confía en que a totalidade dos hostaleiros opten por regularizar a súa situación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -