_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A cantina do centro de Vilaxoán poderá funcionar en precario ata que se modifique o regulamento de centros culturais

A cafetería do centro social de Vilaxoán poderá seguir funcionando en precario e polo profesional que decida a asociación de veciños, a quen está encomendada a xestión do centro, entre tanto non se revisa o regulamento de centros culturais actualmente en vigor. Así llo transmitiu hoxe o alcalde, Alberto Varela, aos directivos da A VV de Vilaxoán, nunha reunión celebrada a última hora da mañá.
30.01.2017. O rexedor reiterou aos directivos ao seu malestar polas formas utilizadas ata agora para renovar a concesión do bar, aínda que comprende o fondo da cuestión: o funcionamento da cafetería é fundamental para a continuidade da actividade do centro sociocultural, de titularidade municipal. Por iso, e con carácter excepcional, o goberno local permitirá que a cantina siga aberta, pero só en precario e ata que sexa modificado o regulamento.

Como se sabe, ese documento foi aprobado en solitario polo goberno PP-IVIl en 2013 e nel se prevía que os bares ou cafeterías dos centros socioculturais serían sacados a concurso. O problema foi que a norma nunca se chegou a aplicar, creando unha situación de alegalidade dos centros que xa contaban con esa instalación. De feito, en decembro de 2013 a entón concelleira de Cultura, Rocío Llovo, admitiu que o cambio que se establecía nese mesmo momento na explotación do bar de Vilaxoán “non era unha nova concesión” senón unha “solución provisional” entre tanto non se sacaba a concurso, algo previsto para xaneiro de 2014.

Ese concurso nunca chegou a convocarse, de xeito que a situación actual é exactamente a mesma que en decembro de 2013: a asociación de veciños de Vilaxoán cambia de responsable da cantina, adaptándose á lexislación laboral. A diferenza respecto a hai tres anos é que agora si se vai dar unha solución a este problema: o alcalde, Alberto Varela, convocará a vindeira semana aos distintos grupos políticos para abordar a reforma do regulamento de uso dos centros culturais. Ao tempo, se dirixirá a todas as asociacións veciñais ou culturais que teñen que ver coa xestións dos distintos centros a fin de que presenten as propostas que consideren oportunas para reformar e mellorar o regulamento de 2013, de escasa ou nula aplicación ata agora.

O que o goberno local ten claro, e así o expresou no último pleno co apoio de todos os grupos, agás o PP, autor de aquel documento que non chegou a aplicar, é o rexeitamento do sistema de concurso público por concesión dos bares ou cafeterías. O alcalde insiste en que o día en que as asociacións se lles dea por devolver as chaves dos centros o concello vai ter un problema, polo que considera que hai que buscar alternativas políticas e legais que garanten que esas cafeterías poidan ser explotadas polos propios veciños das zonas onde asentan eses centros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -